Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando

Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.

Artigos nesta sección:

Por Sergio Lamas e Iván Caamaño A mesa pola Normalización Lingüística pesentou o pasado mercores día 21 de xaneiro un informe ante o tribunal  da ONU en Xenebra para denunciar a situación que padecen as linguas diferentas ao castelán no conxunto do estado español, sobre todo a do galego. Este informe foi elaborado pola Mesa […]

vibus-700x329Cantas veces, ao longo da historia, tivemos os galegos que escoitar expresións ofensivas, pexorativas, cargadas de odio e desprezo contra nós ou a nosa lingua? Cantas veces se empregou o termo “galego” como insulto ou con carga negativa? Cantas veces os galegos nos deixamos levar polos prexuízos e nos avergoñamos da nosa propia orixe? Cantas veces o permitimos? Moitas. Demasiadas.

IMG-20150130-WA0015No momento de descolgar a exposición de Castelao, avaliamos a actividade e recollemos que no centro repasamos moitos datos da súa vida e da súa obra. Gravamos ademais na retina debuxos de Cousas da vida levados a láminas xigantes. Visualizamos os vídeos coas estampas dos álbums da guerra… Pero ademais aprendemos un lote de detalles máis, curiosidades que non sabiamos, como que non naceu o día 30 senón o 29 ou que o escudo da capela de San Xosé foi o que o inspirou para o seu famoso ao que lle colocou o “Denantes mortos que escravos”. Pero tamén coñecemos unha información moi interesante sobre Castelao e a Rianxeira (que vos habemos contar no seguinte artigo referido ao autor)

tríptico castelao 1

Posto que coincide que o 30 de xaneiro se celebra o aniversario do nacemento de Castelao e mais o Día da Paz, desde o ENDL quixemos conmemoralo por xunto con un tríptico que combina a pomba da paz lingüística que fixemos o curso pasado e mais a postal que Castelao  deseñou para pedir a paz e a liberdade para España.

???????????????????????????????Unha das actividades que preparamos sobre Castelao foi unha exposición dos seus albums que o alumnado de PCPI “colgou” literalmente na entrada do edificio principal. Ao lado fomos colocando unha fotobiografía preparada polo alumnado do ENDL. E moito fomos aprendendo no proceso sobre o rianxeiro máis universal. Disto xa vos iremos contando máis adiante.

Por Sergio Lamas e Iván Caamaño

semana castelao2Neste curso estamos a dedicarlle varias actividades no centro a Castelao. No primeiro trimestre quixemos sumarnos ás conmemoracións que  durante todo o ano pasado (2014) se realizaron para recordar o 70 aniversario da publicación  en Bos Aires da obra de Castelao Sempre en Galiza. Delas xa demos boa conta aquí en artigos pasados.

Tamén a Real Academia Galega (RAG) lembrou o 80 aniversario do seu ingreso na institución e, con ese motivo, colgou un pdf que recolle como foi recibida a nova naquela época. Tamén se cumpriron 50 anos da dedicación a Castelao do Día das Letras Galegas.

474 Artigos |   | 1  |   | 19  | 20  | 21  | 22  | 23  | 24  | 25  | 26  | 27  | 28  | 29  |   | 60  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.