Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / ...
LETRAS 2018
Artigos nesta sección:

IMG-20180517-WA0000Co gallo da celebración das Letras Galegas, organizamos a lectura de textos na entrada do IES. Despois da lectura cadaquén apañaba unha galleta, dun ou outro tipo, a escoller…

Mañá venres continuamos, así que toda a xente que aínda non se participou ten a última oportunidade… Xa sabedes, é doado, pedides copias no local do (…)

portadaO pasado martes 15 de maio, “La Voz de Galicia” publicou un suplemento adicado á Mª Victoria Moreno

Se queres botarlle un ollo ou ler algún dos artigos que trae fai clic na imaxe que te levará á nosa SITE específica para as Letras Galegas

CARTAZ LetrasG 2018-Mª VictoriaEste cartaz foi diseñado pola exalumna do noso Equipo de Normalización Adriana Antelo Melón a partir da información que publicamos no tríptico informativo e vai servir para complementar a difusión sobre a obra da autora que estamos a facer no centro para toda a comunidade educativa.

Agradecemos a colaboración a implicación do ex-alumnado do centro nas actividades normalizadoras do centro.

 

 

CARTAZ LetrasG 2018-Lectura con dozuraEste cartaz foi deseñado polo noso Equipo para ambientar os recreos nos que se van realizar as lecturas para conmemorar a María Victoria Morena polo Día das Letras Galegas de 2018.

Durante os recreos do martes 15, mércores 16 e venres 18 de maio, na entrada principal, ao lado do muro de Rosalía, preparamos o espazo de lectura de Mª Victoria Moreno.

Quen lea poemas vai ter un agasallo doce, así que animamos a toda a comunidade escolar a participar na actividade á que chamamos Lectura con dozura

 

 

Presentámosvos algúns dos cartaces que preparamos para conmemorar o Día das Letras Galegas 2018, destacando que é a 4ª muller homenaxeada desde 1963, é dicir, en 55 anos só houbo 4 mulleres galardoadas.

CARTAZ LetrasG 2018-cronoloxico-2

Este deseño é da ex-alumna Adriana Antelo Melón, elaborado a partir da idea orixinal que

Diario da luz e a sombraA escritora María Victoria Moreno recolle neste libro a súa experiencia e reflexións como enferma de cancro de mama. Unha crónica literaria de beleza desconcertante, de sinceridade asombrosa, escrita dende a serenidade e a coraxe de quen sabe que unha doenza, por grave que for, non muda a personalidade de ninguén, se non que apenas resalta os trazos característicos de cadaquén. Velaí a mirada humilde, froito dun optimismo sensato, de quen posúe a convicción de que nunca é tempo de abrirlle as portas á desolación. Velaí, a grandeza literaria dun texto que devolve ao lector ou a lectora a ilusión necesaria para conservar todo aquilo que confire á vida un valor, até entón quizais subestimado: descubrir nas rutinas diarias pequenos praceres insospeitados, establecer vencellos afectivos ou

Este poema “Cantiga” acaba de ser musicado polo grupo Fuxan os ventos  baixo o nome de “Lúa de prata”. O grupo fai así a súa homenaxe á autora protagonista do Día das Letras Galegas 2018.

11 Artigos | 1  | 2  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.