Fran Alonso, é o autor de Poétic@, o seu último libro que el mesmos define como “poesía dixital e transmedia”. Un artefacto mestizo no que o texto interactúa con materiais de natureza diversa que convidan a unha lectura personalizada e sempre diferente.
O outro día, nunha entrevista para Irmandades.tv o reporteiro preguntoulle a uns mozos que qué pensaban das medidads tomadas polo goberno para defender o galego. Eles, sorprendidos, respondían que non coñecían ditas medidas, é máis, non sabían da súa existencia.
Por Sergio Lamas e Iván Caamaño A mesa pola Normalización Lingüística pesentou o pasado mercores día 21 de xaneiro un informe ante o tribunal da ONU en Xenebra para denunciar a situación que padecen as linguas diferentas ao castelán no conxunto do estado español, sobre todo a do galego. Este informe foi elaborado pola Mesa […]
Por Sergio Lamas e Iván Caamaño
Neste curso estamos a dedicarlle varias actividades no centro a Castelao. No primeiro trimestre quixemos sumarnos ás conmemoracións que durante todo o ano pasado (2014) se realizaron para recordar o 70 aniversario da publicación en Bos Aires da obra de Castelao Sempre en Galiza. Delas xa demos boa conta aquí en artigos pasados.
Tamén a Real Academia Galega (RAG) lembrou o 80 aniversario do seu ingreso na institución e, con ese motivo, colgou un pdf que recolle como foi recibida a nova naquela época. Tamén se cumpriron 50 anos da dedicación a Castelao do Día das Letras Galegas.
Por Sergio Lamas e Iván Caamaño
Xa se falou disto hai varias semanas, pero nós aínda non tiveramos tempo de repousar do impacto dos datos para deixar a nosa opinión.
O galego perde outra batalla. Durante anos, a mala evolución no uso, implantación e prestixio social da lingua galega era compensada co feito de que a poboación do país seguía a tela como lingua habitual segundo amosan diversos indicadores. Pero isto está mudando, segundo mostra o último estudo realizado ao respecto. O que o IGE amosa é que, no período comprendido entre 2001 e 2011, as persoas que din falar “sempre” galego xa non son maioría.
Por Sergio Lamas e Iván Caamaño (2º Bac. B) O Comité de expertos sobre linguas rexionais e minoritarias, organismo dependente do Consello de Europa, reúnese este luns en Compostela con diversas entidades do país para examinar o grao de cumprimento da Carta Europea das Linguas Minoritarias con respecto ao galego entre 2010 e 2013. Esta […]
A imaxe de Rosalía e unha imaxe que viviu e vive terxiversada a propósito. Isto débese a que non se xulga a obra rosaliana en si, senón que máis que a obra o que se xulga é a vida da autora. A propia Rosalía acabou impoñéndose a si mesma o calificativo de “ estranxeira na súa patria” debido, en gran medida, ao desprezo que sufriu na súa época por parte da sociedade. Tanto foi o pouco valor que lle deron que incluso chegaron a considerar como autor da súa obra ao seu marido, M. Murguía.