Imaxe de cabeceira
Varia / ...
Presentación
Artigos nesta sección:

Para ir poñéndonos ao día, un vídeo que sacaron a final do curso pasado desde o equipo doutro centro

Este é o lipdub do IES A Chapela (Redondela)…  impresionante!

 

O curso xa comezou e no Equipo de Dinamización da  Lingua Galega, estamos esperando a novos colaboradores. A estas alturas xa agarramos cinco novos profes: María Míguez (lingua castelá), Ana Inés (bioloxía), Marta (educación física), Sofía (lingua galega) e Luís Ramíl (Ciencias Sociais) que de seguro van traballar moi duro.

E tamén comezaron a chegar moitos alumnos e alumnas de 1º ESO que se unen a nós. E os que non estivestes outros anos, podedes virvos anotar, polo tanto esperamos por vós.

Imos manter os obxectivos que tivemos estes anos de atrás e imos funcionar da mesma maneira.

Comeza a andar a revista Bico da ría un novo curso: 2010-2011.

Imos presentarnos. Comezamos os docentes e persoal non docente, que somos menos. Logo irán presentándose rapaces e rapazas ao longo destas semanas vindeiras.

Aproveitamos tamén para presentar á ANPA, que sempre está connosco e con esta revista, na que participa habitualmente e que nos mostra o seu apoio.

Un ano máis abrimos as portas do noso seminario, acendemos os ordenadores, collemos papel e lapis e comezamos a actividade no Equipo de Normalización Lingüística do noso I.E.S. rianxeiro.

Despois dun verán relaxante para os que aprobamos todo e, á vez, cheo de strés para aqueles que suspenderon e son víctimas da Gripe A, da crise e da resaca da Guadalupe, aquí volvemos con máis ganas que nunca de preparar artigos, entrevistas, proxectos…, rematar traballos comezados o ano pasado e elaborar campañas como a do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Uxío Novoneyra.

Coma tódolos anos, no ENDL do IES Félix Muriel temos un programa moi amplo. Deixámosvos un guión con algunhas das actividades principias que temos na programación deste curso do ENDL para que vos animedes a participar. Recordade vir anotarvos polo local do ENDL.

 

REVISTA E BLOG

  • Somos un grupo formado por alumnado, profesorado e persoal de servizos do IES Félix Muriel de Rianxo, que temos como obxectivo traballar en prol da lingua galega: a nosa lingua. Queremos que sexa unha lingua "normal", e para iso empregámola para facer esta revista dixital, e mais o blog O castelo da lúa. Queremos ter a mesma soltura para lela cá que temos en castelán e por iso montamos o Club de lectura Ex-libris. Grazas a este club xa levamos dous anos lendo e comentando obras en lingua galega, tanto de autores galegos como estranxeiros.
    Tamén nos interesa o noso contorno polo que primeiro estudamos a toponimia, logo fixemos campañas para a galeguización do comercio e agora deunos por axudar na normativización do léxico do mundo do mar. Deportes náuticos (vela, remo de banco fixo e piragüismo), carpintería de ribeira, o cultivo do mexillón en bateas… son os temas nos que nos mergullamos para estudar o seu léxico e tentar buscar o termo exacto en galego e logo difundilo a través de vocabularios e láminas. Tentamos recuperar termos dos mariñeiros referidos ás embarcacións e como ademais van quedando poucos carpinteiros de ribeira, queremos facer unhas curtametraxes onde se recolla o seu traballo
    E non só iso, porque tamén organizamos actividades para todos: charlas para os nosos compañeiros/as e para nais e pais, contacontos, elaboración de materiais (trípticos, calendarios, camisetas…). Ah, e temos a todos ben informadiños do persoeiro a quen se lle dedican as letras galegas, desde outubro a maio. Información tamén damos continuamente no taboleiro da lingua; organizamos os concursos de cartas de amor e mais de lectura en alto; participamos nas actividades das coordinadoras de ENDL Leixaprén e mais da do Barbanza… Non paramos! E como nos gusta o movemento, deixamos para o final a actividade coa que máis gozamos: o intercambio co ENDL doutro centro de ensino.
    Profesorado:
    Valentina Formoso-Lingua galega (Coord. ENDL)
    Noemí Álvarez – Lingua galega
    Dolores Bretal – Música
    Josefa Gamarra- Física
    María González- Francés
    José Manuel Lobato – Matemáticas
    Emilio Losada – Educación Física
    Alfonso Martínez – Plástica
    Paz Plaza – Lingua galega
    Rodolfo Piñeiro- Música
    Ana Mª Rivas – Grego
    María Rodríguez- Lingua castelá
    Rosa Mª Suárez – Inglés
    Xabier Vázquez- Lingua castelá
    Persoal non docente:
    Rosa Mª Iglesias Muíños (Conserxe)

    9 Artigos | 1  | 2  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.