Como cada ano, no noso IES, vaise celebrar a Semana Castelao, do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2018. O ENDL organiza unha semana de actividades dedicada ao máis ilustre fillo de Rianxo, Daniel Rodríguez Castelao, figura central da escena cultural e política da Galiza do século XX, morto o 30 de xaneiro de 1950 en Bos Aires. Temos un programa de actividades completo que vos describimos abaixo, mais se premes nesta imaxe tes acceso ao PDF con ligazóns de interese.
A continuación podedes ver o PROGRAMA DE ACTIVIDADES completo
Por Fátima Ordóñez (2º Bac. A)
A importancia da figura de Castelao na literatura e na cultura galega é inmensa. Proba disto foi a gran conmemoración do 66 cabodano da súa morte que tivo lugar no Panteón de Galegos Ilustres, xusto diante do sepulcro do propio rianxeiro, organizada pola Fundación Castelao o pasado 7 de xaneiro.
O alumnado do ENDL do IES de Rianxo foi convidado a asistir ao acto e participar na lectura de varios fragmentos do seu famoso discurso “Alba de Gloria”. Este era pronunciado o 25 de xullo de 1948 (dous anos antes da súa morte) dende Bos Aires. O inicio do discurso constitúe un dos textos máis emocionantes escritos dende o exilio galego. Cos miles de quilómetros de separación da súa propia terra, Castelao naquel día da festa nacional sente e evoca a terra da que se exiliou despois do golpe militar.
O terceiro dos tres álbums da guerra publicado 1938 en Nova Iork era este de Milicianos. A intención de Castelao era a defensa da República e unha homenaxe ó valor e xenerosidade dos soldados. Estas estampas relembran os primeiros meses da guerra cando a heroica tolería do pobo coutou a marcha dos militares e deunos […]
Atila en Galiza (1937) é o título do segundo dos tres álbums da guerra que publicou Castelao, no seu labor en defensa da República e como denuncia internacional da represión que estaba sufrindo Galicia por parte dos fascistas.
Castelao publicou en 1937 Galicia mártir, o primeiro dos tres álbums da guerra co obxecivos de, por un lado, denunciar a nivel internacional a represión que estaba sufrindo Galicia e, polo outro, a defensa da República.