Imaxe de cabeceira
Opinión
Artigos nesta sección:

As promesas electorais, palabras baleiras ou compromisos reais?

DANI VIDAL (1º de bacharelato)

Os xuramentos electorais son unha parte moi importante de calquera campaña política. Os que demandan o poder compiten pola atención dos votantes, presentando unha serie de compromisos destinados a gañarse a súa confianza e respaldo. Con todo, co paso do tempo, as promesas electorais adquiriron a reputación de ser palabras baleiras que desaparecen unha vez que os aspirantes asumen o poder, debido a que hai ocasións nas que estas non se cumpren.

Durante unha campaña electoral, os candidatos adoitan enfrontarse a unha serie de desafíos. Buscan destacar entre a multitude e captar a atención dos votantes nun período de tempo relativamente curto. Neste escenario, as propostas electorais convértense nunha ferramenta poderosa para persuadir os electores de que o pretendente ten a capacidade e a vontade de abordar os problemas que lles preocupan. Con todo, é importante ter en conta que as circunstancias poden cambiar unha vez que asumen o cargo, o que pode dificultar o cumprimento de todas as promesas realizadas durante a campaña.

Lorenzo Rodríguez Iker (2º BAC-B)

N.E.V.E.R.M.O.R.E

O pasado sábado 18 de marzo estreouse no auditorio de Rianxo a obra N.E.V.E.R.M.O.R.E ideada e creada pola compañía teatral Chévere e dramatizada e dirixida por Xron, na cal se relatan a xeito de documental os feitos sucedidos en novembro do 2002 co afundimento do Prestige e as graves consecuencias que este trouxo consigo para toda Galiza, sendo este feito ocultado e minimizado de todos os xeitos posibles ate que se fixo tan notorio que foi imposible seguir evitando o conflito.

nevermore01

Chévere.

Captura de Pantalla 2022-11-14 a las 1.39.26

Os alumnos, vítimas ou verdugos?

DANI VIDAL (1º de bacharelato)

O pasado 2 de outubro abríanse todos os informativos e todas as portadas dos xornais falaban do escándalo do colexio maior Elías Ahuja. Este alboroto xurdiu pola difusión dun vídeo onde se ve que no edificio onde residen os alumnos se empezan a escoitar gritos machistas dirixidos ás compañeiras do outro edificio, xa que están organizados por sexos. O que non se viu en ningún medio de comunicación é como as compañeiras lles respondían con berros discriminatorios.

Para empezar falaremos da repercusión que tivo a nivel político. O presidente do goberno, Pedro Sánchez, tachou esta clase de comportamentos, xa que xeran odio e atentan contra o dereito e a liberdade das mulleres. A ministra de igualdade, Irene Montero, explicou que isto ten que ver en gran medida coa cultura da violación, considerando os feitos terror sexual. Respondeu tamén que a intimidación é o medio para que as mulleres non teñan marxe para decidir e que isto se trata con educación sexual. Porén, cando unha persoa lle preguntou pola segunda parte do vídeo, onde as mulleres lles responden, ela evita as preguntas e intenta irse o máis rápido posible, esquivando o tema.

Se seguimos analizando, isto nunca se faría tan visible de non ser polas redes sociais. Esta información volveuse viral tras saír en TikTok, o medio por onde foi compartido por primeira vez. Se nos paramos a pensar e intentamos trasladar esta noticia ao pasado, antes esta noticia non faría saltar as alarmas, pero ao mesmo tempo esta noticia non se coñecería directamente xa que non existían estas redes sociais. Ao mesmo tempo que vemos como cambiou o mundo e os medios de comunicación, podemos ver como os informativos nos manipulan. O vídeo que mostraron en todos os medios de comunicación estaba recortado, impedindo mirar o final e que a gran maioría dos españois escoitaran a resposta das alumnas. Isto leva a pensar na fiabilidade que os informativos teñen. Se nos enganan con isto, por que non nos enganan con todo, chegando a reflexionar sobre a fiabilidade das noticias? A min paréceme que as redes sociais son a forma máis útil, rápida e eficaz de buscar a información, xa que só temos que mirar se a fonte conta con certo prestixio.

3 Artigos
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.