Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.
2014-Intercambio con Burela-1

2014-Intercambio con Burela-1

O Equipo actual do IES Félix Muriel débelle moito a Xesús Costa Rodil, que nos acaba de deixar. Foi el quen lle entregou á que, no ano 2002, acababa de ser nomeada coordinadora, unha folla manuscrita co que lle parecía que debían ser os obxectivos básicos do ENDL para normalizar o galego no IES e en Rianxo. A súa ampla experiencia no ensino,

Se vistes os traballos anteriores, ides notar como os alumnos e alumnas de 1º ESO avanzaron na súa aprendizaxe. Fixádevos en como están tomadas as imaxes, o interese das entrevistas… Verdadeiramente un traballo excelente para ser a súa primeira achega, que saíu adiante grazas ao obradoiro e a axuda da profesional Cristina de la Torre.

Coma nos artigos anteriores, podedes ver cada un dos vídeos por separado pinchando nas imaxes que tendes abaixo, ou ben todos xuntos aquí  aquí neste ENLACE de RianxoFala.

Pedimos desculpas a todas as persoas que accederon a responder ás entrevistas porque non se anotaron os nomes e non se poden poñer nos créditos, mais agradecémoslles a súa colaboración. O que si deixamos son os nomes de todo o alumnado participante nesta serie de vídeos:

Adrián Alcalde, Mateo Alonso, Celia Arcos, Marta Domínguez, Raúl Fernández, Marta Figueira, Aarón Losada, Sabela Loureiro, Alejandro Mariño, Enma Ordóñez, Sandra Ordóñez, Mauro Riveiro, Izan Rodríguez, Daniela Rodríguez, Borja Rubio, Isabel Saborido, Fiorella Sajami e Daniel Túñez.

Tal e como anunciamos no artigo anterior, o alumnado de 1º ESO, continuou a súa formación arredor do audiovisual nun traballo por grupos realizado nas diferentes parroquias. Podedes ver o resultado de  cada unha das breves curtas, pinchando na imaxe que escollades ou védelas todas  xuntas en bucle neste ENLACE DE VER Parroquias:

O alumnado de 1º ESO fixo a súa primeira achega ao mundo audiovisual. A súa estrea foi coa serie “fiestras”, un relato individual onde cadaquén contou o que se lle pareceu oportuno sobre un escritor rianxeiro, ligándoo coa súa fiestra. Podedes ver cada unha das producións pinchando nas imaxes que están a continuación ou podedes velas todas xuntas  pinchando NESTE ENLACE DE Fiestras.

20180612_122155_HDR

  • Día do libro e actividades realizadas na biblioteca
  • Saída a Mérida e ao Parque de Monfragüe – Entrevista a Camilo Basadre
  • Saída didaćtica dos alumnos e alumnas de terceiro da ESO a Londres.
  • “EL BARBERO MUNICIPAL” entrevista a Antonio Calvo
  • Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego – Entrevista a Ricardo Losada
  • Paula Cambeses foi a campiona de Galicia da olimpíada de química
  • Entrevista a Martina, a nosa orientadora
  • Entrevista á xornalista Paula Riveiro.
  • Deportes

video p7

caixa01-2peqTI NON ES DE AQUÍ? é un xogo de mesa caixa03-2peqcultural-educativo en formato tradicional de taboleiro, tarxetas con preguntas e fichas (peóns), no que se pretenden poñer a proba os coñecementos que os participantes teñen sobre Galiza, contestando cuestións sobre aspectos diferentes do país, divididas en 5 bloques ou áreas temáticas (175 tarxetas – pregunta por tema):

  1. lingua, literatura
  2. historia, política
  3. monumentos, patrimonio, arte
  4. música, cinema, espectáculos
  5. ciencias, xeografía, recursos

TI NON ES DE AQUÍ? Está deseñado como xogo de sociedade para persoas cuns coñecementos culturais medios sobre Galiza. De todos os xeitos poderán xogar nenos e nenas a partir dos 12 anos de idade, aínda que polo contido cultural das preguntas, o ideal son persoas que como mínimo teñan o ensino secundario rematado.

Para toda esa xente que non sabe parte (ou nada) da letra do noso himno… queda este vídeo ao que lle puxemos subtítulos. Coa voz de Lucía Pérez vaivos ser doado acompañala no karaoke:

A canción de Sés, Tempestades de sal, neste vídeo que subtitulou o alumnado.

288 Artigos | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  |   | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.