Hoxe botamos a andar e a bailar e a cantar con Verto
RONSEIS DO TEMPO de Aida Saco é candidato aos Premios MIN 2020 nas categorías do Mellor Álbum de Música Clásica e Mellor Videoclip (Carlos Lago, O Terser Home, por Déixome Ir).
Para apoiar a súa música votade por ela nos premios MIN no seguinte enderezo:
Para toda esa xente que non sabe parte (ou nada) da letra do noso himno… queda este vídeo ao que lle puxemos subtítulos. Coa voz de Lucía Pérez vaivos ser doado acompañala no karaoke:
A canción de Sés, Tempestades de sal, neste vídeo que subtitulou o alumnado.
En vídeo subtitulado… Todo o mundo a cantar!
Agora, presentándovos o noso traballo de música con subtítulos en galego, toca unha canción mítica… A do grupo “Os Resentidos”. Que non vos soa?? Ui, ui… preguntade a pais e nais que seguro que saben ben quen son! Ben, máis ben, que foron… alá nos 80!
Hoxe toca un vídeo ben simpático cunha letra aínda máis: “Estou na lavadora”… lembrades?