Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando / ...
Camiñando entre mulleres
Artigos nesta sección:

 

IMG_20210429_094843Nunha nova sesión do Ciclo Camiñando entre mulleres, organizado polo ENL do noso IES en colaboración co SNL do Concello de Rianxo, tivemos a sorte de contar coa presenza de Lara Torres, técnica superior en Ilustración pola EASD Pablo Picasso e graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo.

Lara,  ilustradora, muralista e docente,  falounos do seu percorrido vital e profesional e tivo a amabilidade de aceptar ser entrevistada por Noelia, unha das nosas colaboradoras de Radio Rianxofala.

Invitámosvos a escoitala:

Entrevista a Lara Torres

IMG_20210429_121059

A regueifeira Lupe Blanco e a intérprete LSE (lingua de signos) Ana Belén Mourín López regueifando en “Camiñando entre Mulleres”  

 

Un ano 1 cartel lupemáis en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, a regueifeira Lupe Blanco participa no programa “Camiñando entre Mulleres”.

4 lupe

         CaminhandoEntreMulleres-2021Helena1024_1 1 Helena
                    Dentro do Ciclo de Charlas “Camiñando entre mulleres” organizado polo ENL en colaboración co Concello de Rianxo, tivemos o pracer de contar con Helena González Fernández, profesora de Estudis Gallecs i Portuguesos na Universitat de Barcelona. Esta, na súa conferencia Xela Arias: a rabia de dicir son feminista”,  falounos da homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021
4 Helena

CaminhandoEntreMulleres-2021Nerea Vázquez
- “Mamá… xa sei o que quero estudar… un ciclo medio”
- “Ah vale… vas estudar perruquería, non?”
Pois non… non era Perruquería; o que ela quería estudar era Soldadura, e soñaba con ir traballar a un asteleiro e facer barcos.
Hoxe coñecimos a Nerea Vázquez, “a diva do metal”, como lle din na súa terra. Unha historia moi valente de loita e superación para acadar as metas propias nun mundo tradicionalmente de homes. Estudante no CIFP Politécnico de Santiago, rematou o curso pasado o CM de Soldadura, e cursa neste o CS de Construcións Metálicas.

5 Artigos
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.