Alá polo 2009, cando chegamos a este instituto eramos pequenos (uns mais que outros) e estabamos asustados, mais tamén ilusionados, xa que por fin estabamos no colexio dos grandes, onde sempre había anécdotas que contar, onde ías coñecer xente nova e onde, aínda que non o sabiamos, iamos medrar un pouquiño como persoas. Hoxe, despois deste longo camiño, miramos atrás e recordamos os mellores momentos que vivimos aquí: cando descubrimos que o instituto non se trataba só de sentar nunha aula e ler libros, senón tamén de bailar bachata e vals, de cantar “Teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía”, de tocar o “Himno á alegría” na frauta doce ao sinal de 1, 2 “imos a tempo”, de demostrar as nosas dotes artísticas debuxando cos ollos pechados, de excursións a Salou, a París, a Londres, a Madrid, a Porto, experiencias cas cales nos coñecemos mellor entre todos e coas que formamos un grupo moi unido.
O día das Letras Galegas é o día no que Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua, homenaxeando cada ano a unha figura significativa das letras galegas, co obxectivo de que isto “teña unha significación, un alcance e un eco non só nos ambientes minoritarios, senón nos ambientes do pobo.” A historia do […]
O pasado mes, eu (Sarela Betanzos Freire) e Carlos Piña López, alumnos de 2˚de Bacharelato, asistimos a unha masterclass de física en Santiago de Compostela.
A xornada comezou con dúas charlas didácticas impartidas por Carlos Pajares, catedrático de Física ca USC, e Cibrán Santamarina, docente da facultade, que nos introduciron na física de partículas,
O videoclip do éxito de Enrique Iglesias “Noche Y De Dia” creou gran polémica na sociedade galega, española, e incluso no panorama internacional, tras coñecerse a disparatada achega de 302.500 euros que a Xunta de Galicia fixo á produtora Universal Music Spain. O motivo deste investimento era que a gravación se realizase en Galicia, e “usar un vídeo dun artista internacional como vehículo de comunicación”, tal e como declarou o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez. O resultado foi bastante deprimente, xa que no famoso vídeo, a paisaxe galega ten presenza en tan só 45 segundos dos case 5 minutos totais.
Esta semana pasada, na edición do 5 de marzo, o xornal “Sermos Galiza” publicou unha entrevista feita a Gonzalo Constenla sobre a tradución en galego . Nela, fálase do importante papel que a tradución ten na normalización da nosa lingua, xa que é unha maneira de comunicación con outras linguas e culturas, ao mesmo tempo que achega aos propios galegofalantes obras da literatura universal, ás que normalmente accedían mediante o castelán. Destácase
Cantas veces, ao longo da historia, tivemos os galegos que escoitar expresións ofensivas, pexorativas, cargadas de odio e desprezo contra nós ou a nosa lingua? Cantas veces se empregou o termo “galego” como insulto ou con carga negativa? Cantas veces os galegos nos deixamos levar polos prexuízos e nos avergoñamos da nosa propia orixe? Cantas veces o permitimos? Moitas. Demasiadas.
Ao longo da nosa historia, existiron diversos persoeiros que defenderon a nosa cultura e tentaron por todos os medios dignificar e ampliar o uso da nosa lingua. Ano tras ano estudamos estes nomes: Castelao, Rosalía, Vilar Ponte, Risco, Pedrayo, etc. e admiramos as súas accións de loita, mais, son eles os únicos heroes da nosa lingua? Os únicos que día a día teñen que sufrir o desprezo dos ignorantes e facerlle fronte? Por suposto que non. Nós mesmos, cada vez que alzamos a voz para defender os nosos dereitos como galegofalantes, convertémonos en heroes, xa que hoxe en día, isto non é unha tarefa doada.
Aldara ten dezanove anos, é monolingüe en galego e estuda industria alimentaria na Coruña. Alí, a maioría de persoas coas que se relaciona día a día son castelanfalantes,
Recentemente, observamos nun libro de “Lengua castellana y Literatura" como un poema pertencente á literatura medieval galego-portuguesa foi traducido e usouse como texto representativo da literatura castelá na Idade Media. É común observar como os libros de texto de literatura castelán ocultan ou tratan de xeito moi marxinal a literatura das demais culturas da península, como son o galego, o catalán e o vasco. Isto débese á situación non normalizada da nosa lingua, e polo tanto da nosa literatura considerándoa como un subapartado dentro da literatura española. Pero isto pode considerarse un ataque dende as ansias de centralismo e unidades españolas, xa que a literatura galego-portuguesa é estudada e admirada dende moitos países considerándoa como o que é, unha literatura propia dun pobo e dunha cultura. Malia á magnífica consideración fóra do propio territorio, en España segue sen gozar dunha situación de normalidade. Proba disto, é a ignorancia que nós mesmos, alumnos galegos, temos de autores importantes cataláns e vascos, o que nos leva a pensar que eles ignoran tamen a nosa literatura e do mesmo xeito os alumnos do resto do territorio español. Esta actitude negativa e censurable en si acada lindes de desprezo e ofensa no exemplo de tradución dun poema da literatura galega ao tratalo como representativo da literatura castelá dun determinado período. Unha posición correcta dende o punto de vista normalizador sería, ademais de mostrar a cantiga na súa lingua orixinal, galego, servirse dunha tradución ao castelán que permitise coñecer ao resto de alumnos/as españois a nosa literatura, mais sempre indicando a lingua na que está escrita e a literatura á que pertence, a galega.