Imaxe de cabeceira
Deportes

Actividades deportivas realizadas no centro e artigos sobre o tema

Artigos nesta sección:

Hai xa un mes, o sábado 27 de abril o equipo feminino cadete do Club de Remo de Rianxo logrou a clasificación para a final do campionato español deste deporte. Quedaron primeiras da súa tanda superando a rivais do País Vasco e lograron o mellor tempo xeral. Este tempo levounas a que ese domingo remaran en Vigo a gran final.

As redes sociais teñen moita importancia hoxe en día. Poden facer que unha soa foto ou vídeo chegue a todo o mundo en minutos. Iso pasou cas palabras de Ana Peleteiro no programa Land Rober.

O pasado xoves 28 de marzo, Ana Peleteiro visitou o Land Rober, un programa emitido en directo na TVG. Ela é atleta, a actual campiona de Europa en pista cuberta, dende o pasado 3 de marzo.

Como consecuencia da súa vitoria, foi convidada ao programa. Alí falou un pouco sobre a súa experiencia persoal co galego, xa que marchara a Madrid e comezara a acomplexarse polo seu acento. As súas palabras reivindicativas sobre o emprego do galego foron moi aplaudidas pola maioría dos galegos e grazas ás redes sociais a súa mensaxe sobre a lingua foi moi difundida.

O Celta de Vigo continúa en postos de descenso, algo inimaxinable a principios de temporada, pois o equipo viña de pelexar por Europa nas pasadas edicións. Que esta sucedendo?

Primeiro, temos de falar dun proxecto que empezando polo presidente empezouse a desmoroar ca guerra entre Abel Caballero e Carlos Mouriño a causa do estadio de Balaídos e a cidade deportiva. A cidade deportiva iniciouse en Mos o pasado ano tras moitas cavilacións e o estadio segue a ser unha incógnita tras as ameazas de Mourinho ó alcalde vigués, e non semella ter unha solución sinxela polo de agora.

É precisamente o presidente co resto da xunta directiva quen decide a contratación dos adestradores, responsables do equipo a nivel de xogo, e aquí pese á melloría en posicións, víase vir un empeoramento do xogo que acadara nesa temporada o máximo esplendor. Xa dende a temporada final de Berizzo o Celta atopábase fronte ao iceberg, acercouse con Unzué e, nesta temporada, chocou primeiro con Mohamed, despois con Cardoso, e agora a ver se Escribá consegue reverter a situación.

O nivel de adestradores acompaña en xogo e resultados ao equipo, pois esta temporada e a anterior foron desastrosas a nivel de xogo colectivo, só podendo contar con Aspas como único valedor do xogo celeste. A nivel resultados tamén se deu un baixón impresionante.

En conclusión, O Celta necesitaría un milagre parecido á salvación do 2% de fai uns anos fronte a Real Sociedade, e que nestes dez partidos Escribá consiga que a Rianxeira volva soar con forza no estadio.

imaxe deportes

(Por Alba e Iria)

Micromachismos nos deportes, que son? Son pequenas diferenzas que a sociedade lles dá a cada xénero inxustamente; por exemplo, alguén sabe algo do fútbol feminino? Nos xornais apenas hai nada. Por que é? Tense a concepción de que coa muller o deporte é máis aburrido. Despois de todo, o fútbol feminino non vende precisamente por isto e non se fai nada por promocionalo ou darlle a atención que debería. Se xa o fútbol lle quita o espazo ós demais deportes…

 

IMG-20180619-WA0001Arancha Rodríguez foi subcampiona no Campionato de España de Ríos e Travesías, disputado xunto á terceira Copa de España de Maratón.

Na categoría xuvenil que é na que está a nosa compañeira Arancha participaron dez mulleres, aínda que a saída foi mixta,  xuntando a categoría femenina de canoa xunto á masculina.

Ela leva competindo …

  Durante este ano, deportistas estudantes no Félix Muriel, acadaron grandes marcas neste eido. Facemos mención a Arancha Rodríguez do club de piragüismo de Boiro que participou de forma exitosa no Campionato de España e Fátima Ordoñez Muñiz  Campiona de España Piragüismo 500 m categoría xuvenil. Ademais, no  Campionato de España de Voleibol de Seleccións […]

Non perdades de ver este vídeo no que dúas alumnas do centro, Alexandra Moares e Carla Pedrouzo, falan da súa experiencia no Club de remo de Rianxo e aproveitan para darnos unhas explicacións moi últiles sobre este deporte, centrándose sobre todo en que consisten os seus adestramentos. José Caamaño foi o encargado de realizar a gravación.

Por Antía Rodríguez

Entrevistei a Lía Seijas, una remeiros C. R. R (Antia R.)remeira do club de remo de Rianxo desde agosto de 2015. Na entrevista falamos das diferentes embarcacións, dos adestramentos, das categorías etcétera xa que no club pódense facer diversas cousas.

47 Artigos | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.