Espazo para a creación artística: literaria, gráfica…
En marzo deste ano 2018 vén de celebrarse o 90 aniversario da
publicación do poemario de Manuel Antonio De Catro a Catro. Follas sen data dun diario de abordo. Con motivo desta data tan sinalada, desde o concello organizaron unhas actividades para conmemorar a publicación desta obra e dar a coñecer a poesía do ilustre escritor rianxeiro. Propuxéronnos participar, xunto co resto dos centros de ensino do concello, tanto na lectura dos poemas de Manuel Antonio o pasado día 23, como a realización de murais e debuxos sobre a temática que ocupan os seus versos. Nós elaboramos no centro un dos murais que se colgaron na casa de Manuel Antonio e tamén colaboramos na escrita dos seus poemas nas rúas da vila. Colaboramos na elaboración de follas para colgar nas árbores das rúas do centro con termos propios dos seus poemas.
Cartas afogadas
nun naufraxio de palabras.
Non morren os que emerxen
e só vives se nadas…
Din todas as lendas
que se loitas gañas.
Lendas emerxidas
nun naufraxio de palabras.
Din todas as lendas
que se loitas gañas.
Lendas emerxidas
nun naufraxio de palabras.
Só falan da victoria
“Vive e vencerás”.
So falan do fermoso que é o mar sen
afogar.