Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando

Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.

Artigos nesta sección:

Hoxe proxectamos no IES no 2º recreo o vídeo da nosa ex-alumna Noelia Gómez Calvo, actualmente estudante de xornalismo. Deixámosvolo aquí para os que nos ledes de fóra do IES e para os que non estivestes atentos no recreo.

Parabéns Noelia!

  Por Sergio Lamas e Iván Caamaño (2º Bac. B) O Comité de expertos sobre linguas rexionais e minoritarias, organismo dependente do Consello de Europa, reúnese este luns en Compostela con diversas entidades do país para examinar o grao de cumprimento da Carta Europea das Linguas Minoritarias con respecto ao galego entre 2010 e 2013.  Esta […]

Por Cintia,  Aldara, Paula e Antía

Inicio curso 5Comezamos o curso 2014/2015 con moita enerxía e con ganas de traballar. Neste novo curso continuaremos cos proxectos iniciados e tamén con actividades novas, seguimos no mesmo local e podedes pasar  cando queirades a anotarvos.

Charla 5

Pechamos o curso, desexándovos  un feliz verán e deixánvodos aquí unhas breves pinceladas do que foi o traballo do equipo deste curso.

Agora a disfrutar do merecido descanso!

Vémonos de novo en setembro!

Tal e como demos conta en artigos anteriores, este ano o Premio Leixaprén, que organiza e concede a CGENL, entregouse no noso centro. Agora deixámovos dous vídeos do acto.

Unha versión curta onde se recollen as palabras moi atinadas de Sés:

Nestoutro recóllese case a totalidade do acto de entrega:

Por LIDIA GONZÁLEZ BECERRA (2º BAC. B) Os prexuízos son un tipo de actitude que se manifestan en sentido negativo. Estas actitudes son aprendidas ao longo do proceso de socialización do individuo, no que a infancia e a adolescencia constitúen períodos críticos. As familias, profesorado e medios de comunicación son os principais axentes para a […]

DSC_0019O Premio Leixaprén, de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, foi creado no ano 1999 a iniciativa do IES Poeta Añón de Outes e asumido pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua, á que pertencen distintos centros educativos das comarcas de Muros-Noia, Barbanza e arredores. Este premio recoñece o traballo de persoas, colectivos, entidades ou institucións que se distinguen pola defensa e promoción da lingua galega.

Por Lidia González Tristemente, hoxe en día temos que dicir que o galego está totalmente afastado e excluído de diversos ámbitos como é a igrexa, o mundo da xustiza ou as forzas armadas. Nos sectores socioeconómicos ou deportivos a situación mellora pero aínda hai moitos aspectos que deberían mudar. Precisamente, durante este trimestre tivemos que […]

474 Artigos |   | 1  |   | 21  | 22  | 23  | 24  | 25  | 26  | 27  | 28  | 29  | 30  | 31  |   | 60  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.