Imaxe de cabeceira
PROXECTOS DO EQUIPO / ...
Proxectos feitos

Proxectos de anos anteriores

Artigos nesta sección:

     Dentro do proxeto Rianxo 2112 do Equipo de Normalicación da Lingua, o alumnado de 3º ESO desenrolamos a actividade Arquipélago Cunqueiro. Esta actividade trataba de conseguir desenvolver a creatividade nos alumnos/as. Imitando o poema Illa de Cunqueiro, debíamos elaborar as nosas propias creacións poéticas e achegarlles unha imaxe que proxectase o contido do noso poema.

Xa está nas librerías a primeira edición do libro do noso proxecto “No meu mar, na miña lingua”

ISBN: 978-84-15400-13-4

Estamos orgullosos e contentos por telo nas librerías, porque poida formar parte das pequenas ou grandes bibliotecas que teñan a ben facerlle un sitio nas súas estanterías e porque contribúe en pequena medida a fomentar o correto vocabulario neste eido tan noso.

LAMEGO DE MOURIZ

Esto das “sortes e resortes” non é soio propio de Galicia, que é tamén ciencia de muitos países europeos. Síguese o tempo que fai en certos días de xaneiro, do sete ao doce, do quince ao vintecinco, ou do catorce ao vinteoito -cada mestriño ten o seu libriño-, e tal como foi o semblante deses días, así serán os meses do ano, de sol ou de auga, de quentura ou de frío. Hai muitas aldeas nas que viven verdadeiros intelixentes en sortes e resortes, que interpretan con siso e son mui escoitados, e os máis dos veciños de seu acompasan as súas labouras agrarias ao que prediciron os intérpretes. Eu tratei a un destes, un tal Lamego de Mouriz. Era un pequenecho inquedo, peitisaído, que almorzaba touciño crudo con cebola e pan e dúas copiñas de augardente. Alá polo ano cincuenta e seis ou cincuenta e sete, sacou polas sortes e resortes que aló por Pascua Frolida virían grandes choivas, pouco menos que un novo diluvio universal. Lamego, cando estivera operado das hedras en Santiago, conocera a outro intérprete, que era veciño de Muros. Visto que as choivas iban ser como nunca se viron, decidiu ir consultar co seu colega muradano. O cal, cando Lamego chegou diante del, sin que este lle preguntase nada, como si lle lese a consulta no pensamento, díxolle a modo de saúdo:
-¡Augas nunca vistas, Lameguiñol
Lamego volveuse a Mouriz, cambiou de lugar os dous palleiros que tiña, poñéndoos asegurados nun alto, e abriu unha canle ao pé do cabozo, que levase as augas da eira ao río, ¡Realmente o mundo debía ser todo costa abaixo, deica chegar aos ríos e á mar! Pra máis seguridade mercou un impermeable con capucha, e botas de caña, de pescador; retellou a casa, e fixo por fóra unha rampa de madeira, que había permitirlle, en caso de inundación, levar as dúas vacas e mailos porcos dende a corte e o cortello ao segundo piso. Costoulle a rampa cinco mil reás. Acopiou leña e bacalao, e levou patacas ao faiado, e agardou a que cheguese abril. E abril chegou, que todos os abriles chegan, frolido, soleado, morno, sereno os máis dos días, agás unhas choiviñas con vento sur. Lamego non daba creto aos seus ollos, e cando rematou a lúa de abril volveu viaxar a Muros, a discutir o asunto co entendedor de alá. ¡Era muito trabucarse, cóñolas! Atopou ao compañeiro lendo nun xornal que mercara na vila aquela mesma mañán.
-¡Puidemos facernos ricos, Lameguiño! ¡O diluvio anunciado caíu en Italia! ¡Poidemos avisalos, previo pago!
E o de Muros amosáballe a Lamego unha fotografía que viña na primeira plana do xornal, e na que aparecía Florencia inundada, con lanchas polas rúas. Lamego rañouse a cachola, e pediulle prestado o xornal ao de Muros, pra ensiñalo polas feiras de Palas de Rei e de Monterroso, de Sarria e de Villalba, e en toda parte onde lle escoitaran o pronóstico do novo diluvio, pra que coa proba daquelas grandes inundacións de Italia non padecese a súa fama. Con aquela fotografía pararía as burlas e recobraría o respeto perdido.
Agora non conozo ningún entendido en sortes e resortes, e teño que fiarme polo Zaragozano, que tampouco sae o Gaiteiro de Lugo. Lamego morreu, e non sei si vivirá o intelixente de Muros, quen, como se viu, interpretaba as sortes e resortes a escala universal, e pra el era o mesmo que chovese en Negreira que en Florencia, a frol de Toscana.

       Este Tristán do que conto nunca soubo por que lle puxeran este nome no sacramento do bautismo, nin coñecía ninguén que se chamase como el.
       Un tío de seu que traballaba como camareiro nun restaurante moi famoso de Lisboa, dicíalle que en Portugal coñecía dous ou tres cabaleiros dese nome, e que todos eles eran ricos. Tristán foi cumprir o servizo militar a León, e alí, un día, nun quiosco, mercou por dous reais “La verdadera historia de los amantes de Tristán e Isolda”, cos namorados moi abrazados na portada do folletín. Ao fin ía saber quen fora aquel Tristán cuxo nome levaba. Cando chegou ao final da historia, coa morte de ambos os dous namorados, Tristán García verteu unhas bágoas. E dende aquela deu en matinar que andando polo mundo atopaba unha muller chamada Isolda, e gustábanse, e facíanse noivos, e casábanse, e vivían moi felices en Viana do Bolo, de onde Tristán era natural. A todos os seus compañeiros do Rexemento de Burgos 38, preguntáballes se por un casual habería no seu lugar unha rapaza que se chamase Isolda. Non a había. Había algunha Isolina solta, pero Isolina non era o mesmo que Isolda. Tristán doíase de non dar con esa Isolda porque se non a atopaba agora en León, onde había tanta familia, non a ía atopar en Viana do Bolo, traballando na terra. Un día mandouno chamar un sarxento chamado Recuero.
       – Ti es ese que anda coa teima de atopar unha muller que se chame Isolda?
       – Si, señor.
       – Pois en Venta de Baños hai unha viúva dese nome.
       – Nova ou vella?
       – Que sei eu! Coido que é churreira…
      
Tanto tiña metida no seu maxín o noso Tristán a novela famosa, que non puido dubidar que aquela Isolda de Venta de Baños fose nova e fermosa. En todo caso, se era vella, tería unha filla ou unha sobriña que a seguise no nome, e se era churreira como ela podía seguir co negocio en Ourense ou en Viana, onde xa era hora que deran nos bares chocolate con churros. Tivo Tristán un permiso, e cos vinte pesos que tiña aforrados tomou en León o tren para Venta de Baños. Xa naquel empalme preguntou pola churrería da Isolda. Estaba a churrería preto da estación. E a señora Isolda era aquela que estaba envolvéndolle uns churros a un señor cura. Era unha velliña co cabelo branco, fermosos ollos negros, a pel tersa, as mans moi graciosas pondo os churros no papel de estraza e esparexendo o azucre por derriba deles. Tristán dubidou entre falarlle ou non, pro xa levaba gastadas corenta e sete pesetas no billete de ida e volta.
    
  -¡Bos días! ¿Vostede é a señora Isolda?
       – ¡Servidora!, respondeulle a velliña, sorríndolle.
       – ¡É que eu son Tristán e viña a coñecela!
       A velliña pechou os ollos, e agarrouse ao mostrador para non caer. Bágoas rodaban polas súas meixelas.
       – ¡Tristán! ¡Tristán querido!, puido dicir ao fin. ¡Toda a miña mocidade agardando a coñecer un mozo que se chamase Tristán! ¡E como non viña, casei cun tal Ismael, que era de Madrid!
       Tristán saudou militarmente, e devagar volveuse á estación a agardar o primeiro tren para León. Cando este chegou e Tristán subía ai vagón de terceira, apareceu a señora Isolda, cun paquete de churros. Deullo a Tristán e bicoulle a man. Non se dixeron nada.
       Cousas así só pasan nos grandes amores .

Antón de Leivas vivía cos seus pais e irmáns en Vilarelle, na casa que está mesmo á beira da fraga de Unces. Era un mozo de vintecatro anos, de mediana estatura, e arroibado, como soen ser os de Vilarelle. Os Leivas tiñan unha boa labranza, e era seu o bosque de Portela, que por derriba do camiño todo é un faiedo. Un domingo calquera, ao saír da misa, un amigo de seu chamou a Antón de Leivas aparte.


Un día, xa fai anos, volvendo eu de Mondoñedo a Vigo, parei nun forno a mercar unha fogaza de pan de acolá, atopeime alí con Carlos Pillado, un compañeiro meu de escola, máis conocido naquela bisbarra por Carlos do Herdeiro. O Carliños sempre confiara muito nos meus saberes. Sendo como era Carlos mui curioso da poboación do mundo, acostumaba a interrogarme cando me atopaba:

─¿El como son os polacos? ¿Que xentes hai no Canadá?

Eu respondíalle inventando, por exemplo, os costumes dos polacos.

─O que máis lles gusta aos polacos é o sentarse a carón dun lume, descalzarse, e limparse os pés con cinza, especialmente polos entrededos. Fano así aínda que haxa visita de cumplido, e non beben deica non finaren con esta limpeza.

¡Vaia cos polacos! Tamén me preguntaba meu amigo si eu sabía algunha palabra chinesa, quén inventou as señas da brisca, e quén sería o primeiro de Lugo que viaxou á Arxentina, cousa que o preocupaba muito. Un día sorprendeume preguntándome algo dos búJgaros, e eu conteille aquela historia de Enver Pachá, o xeneralísimo dos turcos nos Dardanelos, cando lle levaron un prisioneiro, que estaba terque en que era turco, pro o Enver Pachá que era búlgaro e espía. Pra saír de dúbidas, o xeneralísimo mandou que o botasen á caldeira do barco, un monitor, no que tiña o seu Carto Xeral. Enver Pachá arrimouse á porta da caldeira, e púxose a escoitar. Ao pouco, sorrindo, volveuse aos oficiais presentes e comentou:

─Tiña eu razón. Era búlgaro, que lle estoupou a cabeza.

Dentro do proxeto Rianxo 2112 do Equipo de Normalicación da Lingua, o alumndao de 3º ESO desenrolamos a actividade Arquipélago Cunqueiro. Esta actividade trataba de conseguir desenvolver a creatividade nos alumnos/as. Imitando o poema Illa de Cunqueiro, debíamos elaborar as nosas propias creacións poéticas e achegarlles unha imaxe que proxectase o contido do noso poema.

Hoxe veu a TVG gravar o peche da actividade de celebración do Centenario de Cunqueiro.

59 Artigos | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  |   | 8  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.