Por Sergio Lamas e Iván Caamaño
Neste curso estamos a dedicarlle varias actividades no centro a Castelao. No primeiro trimestre quixemos sumarnos ás conmemoracións que durante todo o ano pasado (2014) se realizaron para recordar o 70 aniversario da publicación en Bos Aires da obra de Castelao Sempre en Galiza. Delas xa demos boa conta aquí en artigos pasados.
Tamén a Real Academia Galega (RAG) lembrou o 80 aniversario do seu ingreso na institución e, con ese motivo, colgou un pdf que recolle como foi recibida a nova naquela época. Tamén se cumpriron 50 anos da dedicación a Castelao do Día das Letras Galegas.
Nunha entrevista que lemos xa hai varios meses de Henrique Monteagudo, secretario da RAG, destacaba que se botamos un vistazo ao pasado, non deixa de ser reseñable a valentía da Academia en dedicarlle o Día das Letras Galegas a Castelao en pleno franquismo. Mostra disto é o título dunha antoloxía que publicou a editorial Galaxia co gallo da dita celebración, “Escolma posible”, título que dá claramente a entender que quedaban obrigadamente fóra do libro textos do autor que non era posible publicar durante a ditadura.
Desde mediados de outubro celebráronse moitas mesas redondas sobre distintos aspectos da actividade de Castelao, con actos en Rianxo e Pontevedra. Agora, no novo ano, co gallo da celebración dos aniversarios de nacemento e morte no mes de xaneiro, acordamos realizar varias actividades que van desde unha exposición dos albums da guerra e unha fotobiografía que colocamos no corredor central, ata a organización dunha lectura ininterrompida en todo o centro.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]