Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

CARTAZ LetrasG 2018-Lectura con dozuraEste cartaz foi deseñado polo noso Equipo para ambientar os recreos nos que se van realizar as lecturas para conmemorar a María Victoria Morena polo Día das Letras Galegas de 2018.

Durante os recreos do martes 15, mércores 16 e venres 18 de maio, na entrada principal, ao lado do muro de Rosalía, preparamos o espazo de lectura de Mª Victoria Moreno.

Quen lea poemas vai ter un agasallo doce, así que animamos a toda a comunidade escolar a participar na actividade á que chamamos Lectura con dozura

 

 

Temos que agradecerlle a Ricardo Losada na súa presentación do libro de Manuel AntonioRicardo LoManuel-Antonio libro de Ricardo Losadasada que nos concedese unha entrevista para o noso próximo programa de radio na que nos falou do seu novo libro: Manuel Antonio, vida e misterio dun poeta galego.

Debido ao interese das súas declaracións, deixámosvos a entrevista íntegra aquí. Disfrutade dela.

               Por Antía Outeiral Rodríguez

galego261009

Temos realmente a liberdade de escoller a lingua que queiramos utilizar?Eu sinceramente creo que a resposta é un rotundo non, e que esta xustificada por numerosos factores tanto políticos coma sociais que comentarei e analizarei de seguido.
En primeiro lugar, a sociedade é un factor moi decisivo na elección nunha lingua por moitos motivos , con isto refírome aos prexuizos que existen hacia algúns idiomas de forma que as persoas os consideren vulgares, incultos ou inferiores a outro idioma considerado mellor e cambien a lingua coa que se sinten cómodos pola que creen que lles beneficia nos ámbitos que consideran importantes producindo desta forma o fenómeno denominado diglosia, un exemplo moi común é que nálguns traballos obriguenche a falar castelán por que os xefes pensan que así terán maiores beneficios.

Hoxe luns, 20 de novembro arrancaron as actividades da SEMANA 25N2017. Comezamos coa recollida de roupa para facer unha intervención no centro. Durante toda a semana imos ir colgando pezas no corredor principal  manchada de tinta vermella (simbolizando o asasinato machista) ou rachada (violencia machista) ou tal cal a deixaron nos roupeiros as mulleres que xa non están e non a van volver vestir.

Tamén comezamos co inicio de proxeccións de curtas e músicas contra a violencia machista no corredor. Deixámosvos os enlaces de todas elas:

Cartel-club-de-debate-2018-WEB-1

Está aberto o prazo para anotarse ao Club de debate.  Anímate a participar!

 

carta xeometricaMañá venres, 3 de novembro, imos realizar unha actividade para conmemorar o Día da ciencia en galego. A data escollida desde o ano 2010 é o 4 de novembro, mais como cae en sábado, organizamos no véspera unha charla-encontro con Cibrán Arxibai, profesor de matemáticas e autor do blog Carta xeométrica, blog de referencia para o mundo da sociolingüística.

Na presentación dese blog di que como vítima da inmersión lingüística en español non ten grandes coñecementos respecto da lingua galega, porén ten ollos e oídos.  Mais nós sabemos que si ten moitos coñecementos, de feito Cibrán é unha das persoas máis informada sobre o que sucede en Galicia a respecto da lingua en relación coa sociedade, é dicir é un analista certeiro, por ser un grande e lúcido observador, da nosa realidade sociolingüística.

78 Artigos | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  |   | 10  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.