Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando

Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.

Artigos nesta sección:

Por Laura Longo

internet

No camiño cara á normalización do galego, a rede é un dos ámbitos onde claramente máis se avanzou.   A   pesar   de   continuar   sendo   un   idioma   non   aceptado   por   parte   da   poboación,   ou simplemente menosprezado, o galego segue adiante.

O intercambio Rianxo-Burela do que xa demos debida conta en artigos anteriores, creou vincas moi importantes. Alumnos e alumnas que manteñen contacto, profes que nos sentimos aínda máis unidos do que xa estabamos e colaboracións e proxectos nos que colaboramos. Dolores Vicente (Lolita), membro activo do ENDL do noso IES en representación do persoal non […]

Alicia Vidal, 2º Bac. B Dende a Unión Europea móstrase unha preocupación por todas as linguas, especialmente polas que están en perigo por diversos motivos, entre estas linguas atópase o galego. O que me resulta irónico e me chama a atención, segundo veño de ler no artigo que publicou Miguel Pardo en Praza Pública sobre […]

dwtgNormalizar unha lingua significa devolver esa lingua a ámbitos de uso nos que antes non se atopaba ou dos cales, foi desprazada. Este proceso iníciase no século XIX co Rexurdimento, que trae consigo unha nova literatura que intenta facer que o pobo galego tome conciencia da súa situación a base de introducir contido moral e ético nestas novas creacións literarias. Isto demostra un compromiso por parte dos novos autores que xorden ao mesmo tempo que unha corrente, O Galeguismo.

Velaquí o número 13 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. Artigos interesantes sobre o papel que deben asumir nais e pais na adquisión dos hábitos lectores dos seus fillos e fillas; e sobre a importancia do almorzo para o desenvolvemento dos nenos e nenas e para o seu rendemento escolar. Ademais, coma sempre doutras propostas interesantes. Non esquezades ler a contraportada que convida a gozar da primavera e o sol vestindo con autoestima, elegancia e estilo a mellor das nosas roupas, a lingua e a cultura galegas.

Deixámosovos aquí o vídeo sobre a videoconferencia que realizamos co alumnado de galego do Colexio Cañada Blanch de Londres hai un par de semanas. Tal e como vos contamos no noso blog O castelo da lúa no seu momento. Ademais de toda a conversa que tivo o alumnado de 1º ESO de aquí e de alá presentando os respectivos centros e falando dos diferentes gustos e costumes duns e doutros, tamén o alumnado de 1º de Bacharelato quixo aproveitar a ocasión para saber detalles tanto do barrio no que está situado o centro, coma de Londres en xeral, para aproveitaren así ao máximo a visita que van facer no vindeiro mes de abril á cidade do Támesis.

O día 27 de febreiro, no marco das actividades de conmemoración do Día de Rosalía, tres alumnas do IES Félix Muriel interpretaron o poema “Negra sombra”.Esta actuación tivo lugar no recreo e contou cunha espectadora excepcional, Helena Villar Janeiro.

1º finalista de Microrrelatos

FELICIDADE

Ela era feliz con el.

El era feliz con ela.

Cambiaron o seu corazón de papel por un de folla de lata. A próxima vez sería máis difícil que llo rompesen.

SERGIO LAMAS, 1º BACH-A

474 Artigos |   | 1  |   | 22  | 23  | 24  | 25  | 26  | 27  | 28  | 29  | 30  | 31  | 32  |   | 60  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.