Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / ...
Creación literaria

Creación literaria do alumnado, do profesorado e colaboracións doutros autores en lingua galega.

Artigos nesta sección:

Cartas afogadas
nun naufraxio de palabras.
Non morren os que emerxen
e só vives se nadas…

Din todas as lendas
que se loitas gañas.
Lendas emerxidas
nun naufraxio de palabras.

Din todas as lendas
que se loitas gañas.
Lendas emerxidas
nun naufraxio de palabras.

Só falan da victoria
“Vive e vencerás”.
So falan do fermoso que é o mar sen
afogar.

Por David Galbán

A tranquilidade é un termo moi relativo. Unha persoa pode entender que está tranquila por non ter nada que facer, estar sentado/a facendo unha tarefa relaxante. Outras, pola súa parte, poden estar perfectamente tranquilas de festa con amigos polo simple feito de non ter preocupación ningunha na cabeza. Por isto, o ideal de vida tamén é propio de cada persoa, atendendo ó tópico de que non hai dúas persoas iguais. En moitos casos, sobre todo cando existe a posibilidade de elixir, créase unha relación entre o traballo ideal e o tipo de tranquilidade que alguén busca.

Por: Alba Vicente

      Aquela tarde corrín con todas as miñas forzas ata onde ninguén me puidera atopar para poder pensaBárbara McClintockr no desastroso día que tivera sen que me molestaran. Estaba cansa de que os da miña clase rexeitaran as miñas ideas para os traballos porque “as mulleres non  saben de ciencia”. Seguía correndo ata que tropecei e caín ao chan rascándome o xeonllo esquerdo. Estiven preto de un minuto aí, sentada, esperando a que a dor calmara un pouco e, de súpeto, sentín unha man no meu ombreiro. Levanteime esquecendo o dano que me fixera para ver a cara da persoa que estaba detrás de min. Unha señora maior con gafas mirábame fixamente.

     – Fixécheste dano? -preguntou ela-.

       – Só un pouco, pero estou ben -respondín intentando sorrir-.

Por: Paula Cambeses Franco 4ºA 

O meu espertador marcaba as sete e media da mañá, así que como, case todos os días, erguinme e fun almorzar. Enriba da mesa había un periódico e na súa portada campaba o seguinte título: “Mulleres intelixentes e marxinadas”. Con tan só mirar o nome e a imaxe (que era unha foto da marabillosa Marie Curie) decidín lelo. A noticia dicía o seguinte:

foto conto-1Novas investigacións revelan que moitos dos descubrimentos atribuídos a homes foron, en realidade, feitos por mulleres. A situación do desprezo e o prexuízo de inferioridade do sexo feminino provocou, ata ben entrado o século XX, que unha serie de investigacións realizadas por señoras satisfactoriamente beneficiara principalmente ás súas parellas, pais, amigos ou irmáns. A pesar de non posuír os datos suficientes para indicalo claramente, esta afirmación é xa incuestionable. As mulleres non son o sexo menos frutífero da historia do mundo, senón que a sociedade non lles permitiu mostrar abertamente o seu potencial e moitas delas ocultáronse sentíndose impotentes de competir nun mundo que as condenaba.

Por: Laura Romero Blanco Esta é a verdadeira historia acerca do descubrimento dos fogos de artificio. Moitas son as hipóteses acerca destes fogos que vemos continuamente nas festas e feiras, pero nos cales nunca pensamos. No entanto algo teñen en común todas estas hipóteses, ningunha pensa que este descubrimento sexa cousa dunha muller. A realidade, […]

Para atopar unha resposta acertada, primeiro hai que formular a pregunta correcta...

Para atopar unha resposta acertada, primeiro hai que formular a pregunta correcta…

Pronto comezaría a conferencia… O meu corpo tremía como unha poliña de árbore abaneada polo vento. Senteime, sentíame mareada… aínda quedaban uns minutos para que tivese que saír a falar diante de milleiros de persoas… sairía na televisión… sería un descubrimento mundial… Ai Deus! Pechei os ollos e pousei a cabeza nas mans, tapando o rostro, tentando relaxarme, cavilando…

Por Nerea Grela

Sinto que non podo mais,
o único que quero é chorar.
Estou farta de me esforzar
para logo ter que ver, oír e calar.
 

52 Artigos | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.