Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando

Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.

Artigos nesta sección:

comisaria-ferrol-naronUn novo acto de discriminación lingüística produciuse nun lugar que eu non esperaría: a comisaría de Ferrol.

A noticia publicouse hai uns días no xornal Sermos Galiza, nela contábase como un veciño de Caranza  chamou a comisaría de policía da sua cidade, dirxíndose en galego ao interlocutor para

Isidro Novo presenta "Palabras con Memoria"Isidro novo preséntanos a sección “Palabras con memoria” dentro do xornal Sermos Galiza . O escritor pretende amosarnos, nesta rompedora sección, a cantidade de palabras que todos nós usamos a cotío pero normalmente non aparecen nos dicioarios da nosa lingua.

Isidro comezou este proxecto en 2007 cando lle comentou a un amigo seu (Cesáreo Sánchez) a súa inquetude por estas palabras que non

Modelos de lingua e compromisoHoxe 14 de abril, Xosé Manuel Sánchez Rei publica o seu último libro, Modelos de lingua e compromiso. O filólogo aborda na súa obra diversos temas no referente á situación da lingua galega.

Un aspecto importante ao que fai referencia é á falta de compromiso coa lingua, onde destaca a actuación dos políticos, medios de televisión ou personaxes da RAG, os cales, nin moito menos, promoven a utilización da lingua de maneira correcta senón que estes, a pesar da súa formación e posibilidades, fan unha utilización incluso ridícula da lingua. Para evitar isto, o escritor afirma que o galego ten o mundo aberto grazas ao portugués e por iso, debemos defender esa unidade básica dialectal entre galego e portugués.

O Decreto de plurilinguismo do goberno da Xunta representou sen dúbida, un menosprezo da lingua galega para, coa excusa de introducir o inglés nas aulas, reforzar o castelán. Interpuxéronse dende diversas institucións recursos en contra deste decreto, primeiro perante o TSXG que desestimou o groso da demanda. Logo a Real Academia Galega presidida naquel momento […]

Facémonos eco  da moción popular que  GULIR (Grupo de Usuarios de Linux de Rianxo) quere entregarlle ao grupo de goberno do Concello de Rianxo para que sexa levada ao vindeiro pleno municipal coa intención de que nos mapas asociados ás redes sociais muden dunha vez por toda Rianjo por Rianxo, o único topónimo correcto tal e como di a lexislación desde hai moitos anos.

Convidámosvos a adherirvos á moción, ben entrando no facebook e premendo nun “gústame”  ou ben anotándovos no seguinte formulario:http://goo.gl/forms/qaJ5uatRU1

PRAZO: ata o 17 de abril.

O Texto da moción é o seguinte:

Hai uns días lin un artigo do xornal “Sermos Galiza” onde expoñía que as axudas da Xunta aos medios en galego son ínfimas en comparanza coas que se lle dan aos que empregan o castelán. Así mesmo os medios de comunicación en galego están excluídos das campañas publicitarias institucionais, campañas polas que a Xunta paga […]

O vintecatro de febreiro, día no que se cumpriron 178 anos do nacemento de Rosalía de Castro calebráronse numerosos actos dedicados a autora galega, dentro e fóra de Galiza. Foron moitas ás homenaxes na súa lembranza, en forma de lecturas, ofrendas, actos institucionais… A fundación Rosalía, xunto coa Conselleria de cultura e os concellos de […]

474 Artigos |   | 1  |   | 17  | 18  | 19  | 20  | 21  | 22  | 23  | 24  | 25  | 26  | 27  |   | 60  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.