Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando / O baúl do desprezo
Cantas máis?

vibus-700x329Cantas veces, ao longo da historia, tivemos os galegos que escoitar expresións ofensivas, pexorativas, cargadas de odio e desprezo contra nós ou a nosa lingua? Cantas veces se empregou o termo “galego” como insulto ou con carga negativa? Cantas veces os galegos nos deixamos levar polos prexuízos e nos avergoñamos da nosa propia orixe? Cantas veces o permitimos? Moitas. Demasiadas.

Pero se pensamos que isto rematou, estábamos enganados. Sen ir máis lonxe, a semana pasada levantouse unha forte polémica na rede debido a outro ataque á nosa lingua. Desta vez, a protagonista foi a empresa Vivus, unha compañía de micropréstamos rápidos que se anuncia nos espazos publicitarios da Cadena Ser. No anuncio a empresa, que é moi dada a empregar animais exóticos nas súas campañas publicitarias, narra como un lémur recomenda Vivus para conseguir un destes préstamos. O que chama a atención é que se diga que o lémur tiña un marcado “acento gallego”. Vaia casualidade, que se elixa precisamente a un galego para comparalo cun mono, porque non comparalo cun madrileño, ou un canario?

Pero aínda hai máis. Pouco despois de compararnos cos monos na radio, na televisión emprégase o termo “galego” dunha maneira moi peculiar. O programa da Sexta, El intermedio, emitiu un programa no que se entrevistaban a varios veciños de Madrid preguntándolles a súa opinión sobre Rajoy e a súa xestión no caso Bárcenas. Unha das entrevistadas declarou “Creo que Rajoy debería haber sido un poco más contundente, pero bueno, es gallego también y… ya sabemos como va…”

Estas son só algunhas das múltiples ofensas contra a lingua galega que se cometen habitualmente. E que se levan cometendo durante moito tempo, exemplo disto son as que protagonizaron Rosa Díez, Wyoming, Aznar, Mario Conde, etc.

Persoalmente, o que máis me sorprende destas noticias é que estas ofensas sexan emitidas en colectivos abertos ao público, como son as cadeas de radio ou os programas televisivos. É que ninguén controla estas emisións? Ademais, a maioría das veces, os que as cometen son persoas con gran repercusión no ámbito público ou político. Donde están a educación e tolerancia que se debería transmitir á sociedade galega e española? Se os medios de comunicación e en xeral as persoas con proxección pública, que inflúen no pensamento individual e colectivo da sociedade e incluso sirven de exemplo, levan a cabo este tipo de ataques a unha nación do estado español, como non van existir os prexuízos contra a mesma?

Afortunadamente, existen colectivos que denuncian estes ataques e defenden a nosa identidade, e a eles estánselle unindo plataformas, organismos ou incluso persoas de forma individual que dende as redes sociais difunden estas noticias e axudan a que a sociedade tome conciencia da situación que vivimos.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.