Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / ...
Actividades
Artigos nesta sección:

Resultado de imaxes para: exemplosO termo exemplo fai referencia a un feito ou conduta que se toma como modelo a seguir ou ben para ser evitado, segundo o seu perfil positivo ou negativo. É importante ter como referente a alguén que cos seus actos demostre un alto nivel de madurez e bondade, que son as calidades básicas para medrar como persoa. Os exemplos adquiren gran importancia á hora de marcar os obxectivos que perseguimos na vida. Un ámbito no que vemos reflexado a importancia dos exemplos é na relación paterna e materna.

En canto á relación de pais e fillos, dende que nacemos, temos de exemplo a figura dos nosos pais debido á presenza diaria e a interacción cos seus fillos. Non só poden servir de modelos, senón que deben ser bos modelos para a evolución dos rapaces. Así mesmo, a responsabilidade de ser un bo exemplo tamén pode animar aos pais a mellorar a situación da súa vida. Isto vese reflexado nesta famosa frase de Rafael Pombo: “Nai, vou seguirche, vai ti diante que dándome o exemplo, fareino ao instante”.

Che Tembra é un home de Taragoña, nacido no ano 1955, cando España aínda estaba sometida polo poder da ditadura franquista. Este home é un famoso forxador que hoxe en día segue creando novas obras con material reciclado.

En primeiro lugar, el iniciou o seu traballo na forxa do ferreiro con trece anos. Foi neste lugar onde lle xurdiu por primeira vez a idea de crear obras con ferro. Ao principio, limitábase a facer pequenas flores cos restos de metal que atopaba polo taller. Co paso do tempo, decidiu retratar algunhas das inxustizas que había naquela época e tamén reproducir algunhas das obras máis coñecidas da arte galega, como pode ser “A derradeira lección do mestre” de Castelao. Actualmente ten pensado facer unha obra para o día das letras galegas e outra para o día da muller, porén todavía está facendo unha escultura que representa un ramo de flores para expoñer o día de Rosalía.

En segundo lugar, Che conta que cando el era pequeno, os xenerais que acadaban as ordes do ditador asasinaban e roubaban a moitas persoas en nome de Deus. Tamén recorda que toda a xente do pobo que ía presa naqueles tempos era levada a Rianxo, onde actualmente están os galpóns, alí recibían moi malos tratos e precisaban que lles chegaran cartas ás autoridades dicindo que os prisioneiros eran boa xente. Para afrontar tales inxustizas, as mulleres da aldea dábanlles comida, fervíanlles a roupa e levábanlles palla para que durmisen nela, deste xeito evitaban que morresen de fame e que lles invadiran os parásitos. Este feito é o posible causante de que Che comezara a retratar obras de arte de carácter reivindicativo.

Por último, Che di que el sempre sentiu moita admiración cara a Castelao, é por isto que moitas  das súas obras son reproducións de antigos bocetos debuxados por este escritor rianxeiro. Ademais, el pensa que Castelao retratou en varios cadros ao seu visavó, pois neles aparece un home cego (o cego era o alcume que recibía a familia de Che) co Castro Barbudo de fondo.

En conclusión, Che é un home que se serviu dos bocetos de Castelao e viviu sometido ao poder da ditadura franquista, o que o inspirou a crear a maior parte das catrocentas esculturas que ten feito polo de agora.

video 18Durante a Semana solidaria dedicamos mércores 21 a sensibilizar o alumnado sobre a trata de persoas para a súa explotación sexual. Non sexas cómplice!!!

Aquí quedan varios vídeos de sensiblización e mais a información sobre a Asociación Vagalume.

comelibrosSe gostas dos libros e tes fame de lecturas apúntate a este novo reto que te propoñemos dende o EDLG e a biblioteca:

—Elixe para ler os libros que che gusten dos que che recomendamos ou os que ti queiras.

Os títulos que che recomendamos pódelos ver no taboleiro que está xunto á biblioteca.

cartaz1

O noso mar é o  tema de traballo común neste curso. Nesta ocasión queremos render unha homenaxe á muller e o seu traballo no mar a través da pintura.

Preme na imaxe para ver a presentación.

 

35 Artigos | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.