Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando

Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.

Artigos nesta sección:

Esta campaña, posta en marcha pola Federación Galega de Parques Empresariais en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e O.U. a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, promove  a utilización do galego como lingua de negocios tanto dentro como fóra de Galicia. O galego identifícanos como pobo pero tamén nos conecta cunha comunidade de […]

Por que o galego ten a normativa que ten? Cal foi a transcendencia de Filgueira Valverde nese proceso de normativización do idioma? Esas son as dúas cuestións que o documental da AGAL (Associaçom Galega da Língua) e dirixido por Ozo Perozo intenta responder neste documental de media hora de duración. &nbsp

Ensinas máis do que cres from SNL da USC on Vimeo.

Na acción normalizadora do galego dentro da educación distínguense dous niveis: dunha banda o ensino primario e secundario e da outra as accións desenvolvidas no ámbito universitario. Os máis novos son unha parte fundamental para o uso e extensión dunha lingua xa que conforman o futuro máis próximo.

 

  •  aloumiñala como un arrolo que adurmiña o naipelo que repousa no teu colo
  • levala de paseo ao parque para que poida escorregar polo tobogán dos soños

  • facela voar con dragóns enormes antes de que Pedro Chosco entre no cuarto das crianzas a fechar todos os ollos

  • convidala a esa festa de aniversario onde toda a familia canta contenta unha canción desafinada

A Coordinadora de Traballadores e Traballadoras pola Normalización Lingüística (CTNL) vén de lanzar un concurso á vosa medida. Só tendes que ler as bases e participar!

quesevexaogalego

1. Fai unha foto alí onde vexas o galego nun sitio que che guste, no que necesita ter maior visibilidade ou no que, desgraciadamente, non é do máis habitual velo.

[P. ex., no aviso dun ascensor, nunha pintada de declaración de amor na rúa, nun rótulo dun concesionario de coches ou nun anuncio de pizza]

2. Publícaa na túa conta de Twitter coa etiqueta #quesevexaogalego seguida dunha frase positiva relativa ao ámbito ao que pertence a foto. Debes facelo a partir do día 14 de maio ás 12.00 h e até o 20 tamén ás 12.00 h.

O día das Letras Galegas é o día no que Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua, homenaxeando cada ano a unha figura significativa das letras galegas, co obxectivo de que isto “teña unha significación, un alcance e un eco non só nos ambientes minoritarios, senón nos ambientes do pobo.” A historia do […]

Este pasado mes a Academia Galega do Audiovisual entregou os prestixiosos premios Mestre Mateo. O premio á mellor comunicadora da televisión foi para Marga Pazos, presentadora do telexornal mediodía na TVG, polo seu excelente traballo do día a día. Para min, o momento “estelar” da noite foi o seu discurso de agradecemento. Marga Pazos agradeceulle a […]

A Virxe da BarcaO pasado mes acabáronse as obras de rehabilitación do Santuario da Virxe da Barca no concello de Muxía, logo do desafortunado incendio que sufrira anos atrás.  Mais esta noticia non pasou desapercibida polos veciños xa que na inauguración púidose comprobar como o nome que ata agora tivera “Virxe da Barca” fora traducido ao castelán “Nuestra Señora de la Barca” e gravado así en pedra na parede do templo.

474 Artigos |   | 1  |   | 16  | 17  | 18  | 19  | 20  | 21  | 22  | 23  | 24  | 25  | 26  |   | 60  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.