Noelia, Antía, Uxía e Paula, ex alumnas do Ies Félix Muriel, participaron este sábado 2 de marzo, en condición de relatoras, nas Xornadas da Muller organizadas pola CIG-Ensino e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, para presentar o Glosario violeta, resultado do seu labor hai dous cursos, como integrantes do grupo feminista e do ENL do noso instituto. Orgullosas de que continúen o seu labor xa fóra do centro!
Comeza hoxe a Semana de Rosalía no IES Félix Muriel. Imos homenaxeala, entre outras cousas, coa lectura e recitado dos seus poemas no Salón de Actos. Será no 1º e no 2º recreo (do luns 19 ao xoves 22).
Está anotado alumnado de todos os cursos da ESO e tamén de bacharaleto. Quen non queira concursar pode ler fóra de concurso e todo o mundo pode ir escoitar.
O xurado está presidido pola profesora de latín e grego, Ana Rivas e sempre acompañada por tres persoas máis, de diferentes departamentos: inglés, francés, matemáticas, economía, lingua española. Dado que non todo o profesorado pode estar en todos os recreos hai dúas persoas fixas e outras que só poden estar en dous ou tres recreos e que nos outros son substituídas. Con todo, comparten as fichas coas rúbricas de avaliación polo que non hai dúbida na cualificación.
Por Isaac Iglesias (1º Bac.)
O alumnado do IES decora o centro con diversas e orixinais iniciativas como homenaxe ao ilustre rianxeiro no aniversario do seu nacemento.
O presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, e mais o académico Miguel Fernández-Cid van visitar o centro o próximo luns 1 de febreiro para ver a exposición.
Hoxe, por fin, a porta está aberta e sinto grande alivio.
Se soubesen o que vai suceder, de seguro terían coidado, mais, é normal, ignórano.
Somos dúas alumnas de 1º de Bacharelato Nerea, Sara que xunto con Manel preparamos un conto sobre as orixes do galego, preparamos unha presentación en power-point e fomos a dúas unitarias no concello de Rianxo que participan connosco no proxecto RianxoFala.