Imaxe de cabeceira
Noticias
Artigos nesta sección:

O venres, 30 de setembro, tivo lugar a entrega dos certificados B1 de Lingua Portuguesa. O alumnado de Lingua portuguesa que se presentou ás probas de certificación do Instituto Camões acadou o nivel B1 e o pasado venres, a Coordinadora do Instituto Camões en España e a responsable do Camões en Vigo asistiron á entrega dos títulos.

No acto, á parte do alumnado de Lingua portuguesa, e as representantes do Instituto Camões participaron a alumna Celia Arcos, o director do IES Félix Muriel, a Coordinadora do Camões, Filipa Soares, a responsable do CCP Camões de Vigo e a profesora do Camões no IES Félix Muriel, Anaisa Esteves.

Ao longo do acto, destacouse a importancia da aprendizaxe da lingua portuguesa tanto pola relación existente entre a lingua galega e portuguesa, como polas portas que abre de cara ao mundo a aprendizaxe dunha lingua falada por millóns de persoas en todo o mundo e oficial en países de Europa, América e África.

Cómpre felicitar a todo o alumnado que se presentou ás probas xa que acadaron o nivel B1 en todas as competencias, grazas ao seu esforzo e traballo e á implicación do profesorado de lingua portuguesa. Estes resultados animan a continuar neste camiño co fin de que o noso alumnado remate a ESO e/ou o Bacharelato co certificado B1 en portugués, o cal está recoñecido a nivel internacional.

Parabéns a todas as alumnos e alumnos.

O documental “Monte vivo” non deixa de nos dar alegrías, unha vez máis é galardoado nun certame de vídeo, neste caso a peza audiovisual vén de recibir o primeiro premio da sección Documental, na categoría 2º ciclo de ESO no eMove Festival (Festival Escolar y Universitario de las Artes Audiovisuales).

Esta actividade foi levada a cabo dentro do proxecto Monte vivo por alumnado de 4º de ESO e coordinado pola profesora Sofía Rama.

MONTE VIVO from ABA FILMS on Vimeo.

Noelia Fernández gañadora do Rosalía sempre viva

Parabéns a Noelia Fernández quen esta fin de semana gañou o VI Certame. Concurso de recitado poético “Rosalía sempre viva”, polo seu recitado do poema “Silencio”.

¡Silencio!

   A man nerviosa e palpitante o seo,
as niebras nos meus ollos condensadas,
con un mundo de dudas nos sentidos
i un mundo de tormentos nas entrañas,
sentindo cómo loitan
en sin igual batalla
inmortales deseios que atormentan
e rencores que matan,
mollo na propia sangre a dura pruma
rompendo a vena hinchada,
i escribo…, escribo…, ¿para qué? ¡Volvede
ó máis fondo da ialma,
tempestosas imaxes!
¡Ide a morar cas mortas relembranzas!
¡Que a man tembrosa no papel só escriba
palabras, e palabras, e palabras!
Da idea a forma inmaculada e pura
¿dónde quedóu velada?
                            ROSALÍA DE CASTRO

A seguir, podedes ver o seu magnífico recitado.

3 Artigos
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.