Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá / ...
Traballos de música galega

Traballos do alumnado de 2º de ESO sobre grupos galegos que cantan en galego.

Artigos nesta sección:

Para toda esa xente que non sabe parte (ou nada) da letra do noso himno… queda este vídeo ao que lle puxemos subtítulos. Coa voz de Lucía Pérez vaivos ser doado acompañala no karaoke:

A canción de Sés, Tempestades de sal, neste vídeo que subtitulou o alumnado.

En vídeo subtitulado… Todo o mundo a cantar!

Agora, presentándovos o noso traballo de música con subtítulos en galego, toca unha canción mítica… A do grupo “Os Resentidos”.  Que non vos soa?? Ui, ui… preguntade a pais e nais que seguro que saben ben quen son! Ben, máis ben, que foron… alá nos 80!

resentidos

 

 

 

 

 

 

 

Hoxe toca un vídeo ben simpático cunha letra aínda máis: “Estou na lavadora”… lembrades?

Este ano estivemos traballando no proxecto de música dando un pasiño máis adiante… subtitular vídeos para que poidamos cantar tipo karaoke en calquera celebración, festa ou na nosa casa, cando nos apeteza. Deixámosvos aquí o primeiro dunha quenda…  a canción “A paz esquiva” de Sés. Pero.. mañá máis

IMG_6820 - copiaMaría Manuela (Ferrol, 1945) é, dende que no ano 1974 lanzara o seu primeiro traballo discográfico, unha das grandes referencias da música vocal en Galicia e as súas creacións forman xa parte da nosa historia recente.

Por segundo ano consecutivo María Manuela participa cos seus músicos no concerto solidario “Baixo o mesmo ceo”, celebrado o 29 de marzo no Auditorio municipal de Rianxo.

Recoñece que poucas veces accede a conceder entrevistas, pero non dubida en sentar á miña beira e contestar amablemente ás preguntas que lle fago. Confío en que poida ver reflectidas aquí fielmente as súas palabras.

Pandereteiras“Este pandeiro que toca,

era de coiro de ovella,

toca, toca pandeireta

toca, toca ata que arrabea.”

24 Artigos | 1  | 2  | 3  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.