As emisións da radio do noso IES (TODAS ORDENADAS NO MENÚ DA CABECEIRA)
O luns 20 de xuño RianxoFala entrevista no IES Milladoiro a Susana López Carbia, xornalista e presentadora da TVG
Hoxe achegámosvos unha nova entrega das entrevistas realizadas no noso proxecto de Mentes Referentes que, como sabedes, realizamos o pasado mércores 8 de xuño.
Sabela Galbán contounos diferentes vivencias e anécdotas referidas ás súas experiencias musicais mais tamén se lembrou do seu paso polo IES Félix Muriel. Confiamos en que estes minutos de conversa sexan do voso interese e agrado.
Sen telo contemplado a principio de curso, participamos nunha proposta dun intercambio lingüístico e cultural co ENDL do Milladorio a través da radio; que deu lugar, neste mes de xuño, á realización de catro podcast conxuntos entre o alumnado do noso centro e o do IES Milladorio. O nome: “Mentes referentes“, obedece a que o obxectivo principal fose que o alumnado de cada centro localizase “mentes referentes” do seu concello, que traballasen en galego, e que llas presentase ao alumnado do outro instituto para que este preparase a correspondente entrevista.
Con este esquema de traballo estivemos no terceiro trimestre e, aínda que parte do proceso se desenvolveu de xeito virtual, argallamos dúas mañás de convivio e traballo conxunto que deron moi bos resultados. O mércores 8 de xuño foi o primeiro encontro en Rianxo, para que as reporteiras do Milladoiro entrevistaran a dúas mulleres referentes do noso concello: Maruxa Miguéns (do mítico grupo Os Rosales) e Sabela Galbán (compoñente do Cuarteto de biselas, Carapaus, Sés..) . Logo o pasado luns 20 RianxoFala trasládase ao Milladoiro para entrevistaren a Inés Suarez, integrante do grupo de música tradicional do concello de Milladoiro “As maianas” e mais á xornalista, presentadora da TVG, Susana López Carbia.
En ambos encontros compartimos, ademais dos estudos de gravación, unha troca de experiencias e de xeitos de traballar, que deu moi bos froitos, de feito temos pensado continuar no vindeiro cursos.
No Día das Letras Galegas temos o pracer de presentarvos a entrevista que os nosos colaboradores de Radio Rianxofala, Marco Bravo e Mario Viñas, lle fixeron a tres alumnas do noso IES que obtieron premios no certame Minerva: Noelia Fernández (segundo premio de narrativa), Paula Tubío ( segundo premio en poesía) e Alba Comojo (accésit en poesía)
Os nosos parabéns a esta nova xeración de escritoras!!
Animámosvos a escoitar a súa entrevista: https://youtu.be/I4Yddi29ESk
O día 6 de abril, dentro do Ciclo Camiñando entre mulleres 2021, tivemos o pracer de contar coa presenza de Alba Cid, gañadora do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández por “Atlas”, quen na súa charla “Poemas para enviar unha nova cartografía” reflexionou ao redor da necesidade da poesía na actualidade
Finalizada a charla, as nosas colaboradoras de Radio Rianxofala, Noelia e Antía, entrevistárona: