Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
A mesa denunciou ante a ONU a “discriminación” do galego.

Por Sergio Lamas e Iván Caamaño

A mesa pola Normalización Lingüística pesentou o pasado mercores día 21 de xaneiro un informe ante o tribunal  da ONU en Xenebra para denunciar a situación que padecen as linguas diferentas ao castelán no conxunto do estado español, sobre todo a do galego.

Este informe foi elaborado pola Mesa en  colaboración coa Rede de Igualdade das Linguas Europeas. Este  documento especifica cal é a situación dos cidadáns que falan galego no seu día a día. O informe evidencia esta situación mediante casos concretos, datado dende o ano 2012 e nos cales se lles impide aos cidadáns facer a súa vida en galego con total normalidade.

hdrdhrNo ámbito da administración é onde suceden os casos de maior retroceso para a lingua galega nos últimos anos. En canto á educación, Marcos Maceira- presidente da Mesa- recalcou que é o ámbito onde se deron retrocesos máis importantes, culpando ao goberno Galego e ao Español.

Moitas das denuncias recollidas falan de retrasos en operacións por solicitar a autorización en lingua galega, denegacións de bolsas pre-doutorais por presentar o título universitario en galego ou ameazas en oposicións por utilizar o idioma propio.

Para a organización en defensa do idioma, e tras avaliar os casos recollidos no informe, quedan en evidencia que as “autoridades españolas  toleran abertamente actitudes supremacistas entre o funcionariado e outros axentes públicos”, como a xustiza.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.