Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando

Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.

Artigos nesta sección:

Mañá comeza o prazo para anotarse. A xincana comeza o vindeiro día 3! Anímate que hai premios moi interesantes. Le o cartaz:

Continuamos neste curso coas curtas de cine galego na biblioteca, este xoves 15 de outubro, no segundo recreo, podemos ver a curta de Adrián González, Quen es?

inicio cartazNovo curso…Novos proxectos

O curso 2015/2016 preséntase moi prometedor. Con enerxía e ganas de traballar abriremos proxectos e retomaremos, para mellorar, algúns dos xa traballados.

Todo traballo ten que ter o seu recoñecemento. Por iso, este ano, igual ca o pasado e algún outro máis, fixemos entrega dun diploma a todos os colaboradores e colaboradoras do ENDLG… Foron vindo aos poucos nos últimos recreos do curso, nos que había que ultimar os preparativos para a saída a Manzaneda, a excursión […]

revista06reduFoi este pasado mércores, 17 de xuño, cando nos botamos á rúa cos cartaces na man para ir explicar pola vila o noso proxecto. Había mercado e Rianxo estaba cheo de xente. En Farmacias, herboristerías, salóns de peiteado, bares, bancos… entramos e contámoslles que no IES estiveramos desenvolvendo un proxecto chamado RianxoFAla. Contámoslles de que ía e falabamos máis en concreto dunha das actividades: a de toponimia.

(Máis fotos)

piruletas14Se botades un ollo a esta revista veredes moitos artigos asinados por Sarela Betanzos, tanto deste curso coma dos anteriores, é que Sarela foi unha das nosas máis activas colaboradoras no ENDL durante a súa estancia no IES, cun pequeno lapsus durante o curso pasado cando cursou 1º de BAC  nos EEUU.

Sarela tirou matrícula de honra este curso, pero non é esa exactamente a noticia que queremos resaltar aquí, senón a pegada normalizadora que transmite e da que nos sentimos moi orgullosos e orgullosas.

A pasada fin de semana La Voz, na edición do Barbanza, fixo unha reportaxe sobre as matrículas de honra da comarca. Entrevistaron a Sarela xunto a outros tres adolescentes e, ademais de mostraren a súa intelixencia nas respostas e a súa ética no compromiso co ensino público,  Sarela deixou claro o seu compromiso coa nosa lingua. O xornalista escribiu ao presentala:

474 Artigos |   | 1  |   | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  | 20  | 21  | 22  | 23  | 24  | 25  |   | 60  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.