Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando

Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.

Artigos nesta sección:

OLYMPUS DIGITAL CAMERAUnha vez publicadas a carta gañadora e as dúas finalistas do concurso de Cartas de amor, quédanos publicar dúas que non tiveron os votos suficientes para recibir un premio pero si que lles outorgamos unha mención especial desde o ENDL pola súa orixinalidade: “Carta á miña cama” e  “Carta ao meu felino”… xunto con outra fotografía que non recibiu premio pero que tamén é orixinal.

PALOMA 1ºBAC-C. corasonO fallo dos diferentes  xurados dos tres concursos -organizados polo noso ENDL- que se desenvolveron entre a Candeloria e San Valentín (fotografía, microrrelatos e cartas de amor) deuse a coñecer onte, 27 de febreiro de 2014. Parabéns aos gañadores!

Este é  a foto gañadora do concurso de fotografía de corasóns neste curso. , outorgoulle o premio a Paloma Castro Tarela de 1º Bac. C.  

O Microrrelato gañador foi o de Mateo Rodríguez (1º Bach B)

E cando non lle saían as palabras, eran as cancións as que falaban.

E a Carta de amor de Xeila Romero (PCPI 2):

lg amor 2A lingua galega é unha lengua romance, ligada estreitamente ao idioma portugués, ambalas dúas teñen unha historia en común, aínda que o galego se atope reducido polo desprazamento do castelán, idioma dominante en boa parte da poboación galega, sobre todo urbana.

lg amor

Aquí vos deixamos un vídeo.

Falamos galego e presumimos de falalo

Selena Bermúdez (2º Bac. A)

Ao igual que o galego e o castelán en Galicia, o inglés e o castelán conviven nunha situación de conflito lingüístico no seo de Estados Unidos. Fálase dun novo apartheid que clasifica aos cidadáns estadounidenses en dúas clases segundo cal que sexa o seu idioma principal e que condiciona a acceso a oportunidades de carácter laboral. No seguinte vídeo vese perfectamente como unha lingua normalizada e maioritaria pode ser minorizada.:

Recóllense nel datos tirados dun estudo da Universidade de California. Entre eles

A realidade lingüística desta área xeográfica estremeña difire coa do seu contorno. Nos tres concellos que conforman este territorio (San Martiño de Trebello, As Ellas e Valverde do Fresno) a lingua utilizada maioritariamente polos seus habitantes non é o castelán, senón unha variedade do galego. Nin España nin Estremadura, recoñecen a situación lingüística desta zona, […]

Este é o resultado do traballo realizado durante o curso pasado por un grupo de alumnado do ENDL de 1º ESO arredor da situación sociolingüística que viviron as persoas maiores da vila. Acudiron ao taller da memoria que se realiza en Rianxo  e alí gravaron a estas protagonistas da nosa historia lingüística.

A cuestión é pulpo ou polbo? Dous significantes que aportan un mesmo significado (Molusco mariño sen cuncha da clase dos cefalópodos de corpo globoso e oito brazos ou tentáculos con ventosas, chamados raxos) e varias opinións ao respecto dende xente que opina:  “polbo, polbo, polbo… que trapalladas son esas? Polvo é o de varrer e non hai máis, o que se come é o pulpo” ata outros que pensan que ampararse en que a realidade lingüística galega é a que sempre se lle chamou pulpo é tanto como dar oficialidade lingüística ao castrapo.

474 Artigos |   | 1  |   | 23  | 24  | 25  | 26  | 27  | 28  | 29  | 30  | 31  | 32  | 33  |   | 60  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.