Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando

Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.

Artigos nesta sección:

día da cienciaO pasado venres, 4 de novembro, desenvolvemos a nosa pequena-gran reivindicación do Día da Ciencia en galego.  Toda a rapazada do Equipo preparou nun par de días unha xornada na que primaron os cartaces que eles e elas deseñaron. Anunciábase o Día da ciencia en galego pero tamén houbo moitas cartolinas con reivindicacións máis concretas do tipo : “O galego serve para as matemáticas ou para a tecnoloxía”,  “A Física tamén a poderiamos aprender en galego”…

EuQueroLiteraturaEnGalego

Cando falamos de literatura galega, falamos dunha literatura única, destacada, que tivo o seus anos de ouro pero que, desgraciadamente non pode ser considerada unha literatura normalizada.

LETRAS GALLEGASTras a visualización do documental Linguas Cruzadas e o debate realizado na clase, o futuro para o galego, se seguimos no mesmo rumbo, antóllaseme difícil. Desaparecerá a lingua propia de Galiza?

Varios argumentos importantes para defender dita tese son os seguinte: gran parte da xuventude actual dá mostras de manter vivos abundantes prexuízos contra a nosa lingua. Exemplos disto son as protestas

Déixovos un comentario a un interesante artigo que veño de ler

0664804001276684953-os-programas-estaban-pensados-para-nenas-e-nenos-que-apenas-tenen-contacto-coa-lingua-do-paisAs pertinentes e constantes chamadas telefónicas dunha empresa de enerxía eléctrica, son a principal causa pola que María Xosé C. Trillo (profesora de filosofía) se anima a escribir este texto, no que reflexiona sobre a denominada “plurinacionalidade” do noso Estado.

María está cansada de recibir as chamadas dunha compañía de enerxía, que á parte de molestala con continuas preguntas, lle esixe que fale en castelán e non empregando a súa lingua habitual, o galego.

Un material para que poidamos ter nas aulas ao servizo do profesorado e do alumnado. Nel temos información que fomos seleccionando e traballando arredor do homenaxeado neste ano nas Letras Galegas. E como aínda no 2016 comezamos o seguinte curso, acordamos que podía ser bo motivo para realizar a axenda na que poidamos anotar os exames, tarefas e demais cuestións que afecten ao traballo de cada grupo-aula.

Caderno de aula (Letras Galegas 2016)

Unha persoa neofalante é a que se acaba de incorporar ao uso dunha lingua. Pero é esta unha condición temporal ou unha vez que es neofalante xa o es para toda a vida? Creo que hai dúas posibilidades para responder a isto.

Estribillo: Ai, Rianxo,Rianxo pájaro pinto a ghanansia do peixe xa se vai indo xa se vai indo Rianxo, xa se marchou. Ai, rianxo, Rianxo, quen a levou. Chamáchesme rianxeira porque nacín en Rianxo de Rianxo son aqueles que van polo mar abaixo (Estribillo) Paxaro pica na pedra pica na pedra miúda pica na muller allea […]

Por David Galbán (1º Bac.) Unha das máis coñecidas historias do Antigo Testamento é, sen dúbida, a da Torre de Babel. Raro é, de feito, unha persoa da nosa cultura que non oíse falar dela. Este mito di que fai miles de anos, todos os habitantes do planeta falaban unha mesma lingua, e isto uníaos […]

474 Artigos |   | 1  |   | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  | 20  | 21  |   | 60  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.