Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
“Ensinas máis do que cres”

Ensinas máis do que cres from SNL da USC on Vimeo.

Na acción normalizadora do galego dentro da educación distínguense dous niveis: dunha banda o ensino primario e secundario e da outra as accións desenvolvidas no ámbito universitario. Os máis novos son unha parte fundamental para o uso e extensión dunha lingua xa que conforman o futuro máis próximo.

Vimos de saber que a mocidade de entre 15 e 25 anos que usan sempre o galego caeron nos últimos tempos a un 19%. Cando as novas xeracións se achegan á universidade atópanse cunha realidade que non axuda a gañar falantes, pois o castelán segue a ser a lingua predominante neste ámbito.

Por iso dende o Servizo de normalización lingüística da USC preténdese combater esta realidade coa campaña “Ensinas máis do que cres” dirixida ao profesorado. Preténdese que os docentes mostren actitudes positivas cara o galego pois só o 21% do profesorado imparte as súas clases en galego, media que se tira tendo en conta que nalgunhas facultades -como xornalismo- esta porcentaxe se eleva ao 85%, e noutras -como enfermería ou medicina- tan só chega ao 3%.

Hai constancia de que os universitarios fan os exames na lingua na que os docentes imparten as clases, isto indica que a actitude do docente cara ao galego é moi importante, xa que o alumnado ten tendencia a imitar ao ensinante.

Incluso en facultades nas que o alumnado é nun 50% de fóra de Galicia  como veterinaria é posible o ensino en galego pola proximidade das linguas e supón un enriquecemento para os e as discentes.

Haberá que esperar un tempo para ver se esta campaña posta en marcha pola USC, e que ten como obxetivo que o uso do galego vaia a máis, ten resultados. De feito, de telos, só se verían a medio prazo.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.