Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Marga Pazos, gañadora do Mestre Mateo 2015

Este pasado mes a Academia Galega do Audiovisual entregou os prestixiosos premios Mestre Mateo. O premio á mellor comunicadora da televisión foi para Marga Pazos, presentadora do telexornal mediodía na TVG, polo seu excelente traballo do día a día.

Para min, o momento “estelar” da noite foi o seu discurso de agradecemento. Marga Pazos agradeceulle a seus pais que lle permitisen chegar a onde hoxe chegou e que o fixeran sen renegar do seu, criándoa, educándoa e incluso berrándolle, pero sempre en galego. Grazas a este feito, a presentadora dixo que hoxe pode traballar no seu país, no seu idioma e para todos os galegos e galegas xa que traballa desde a televisión pública de Galiza. Este último punto debemos enfatizalo, xa que ela mesma o fixo “Así que: polo público, en todos os sentidos.”

No seu incrible discurso Marga defendeu dende a súa identidade como galega até o servizo público que é  a TVG, gañando a ovación do respectable.

Noraboa Marga!

Aquí podes visualizar o discurso.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.