Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
A Virxe da Barca

A Virxe da BarcaO pasado mes acabáronse as obras de rehabilitación do Santuario da Virxe da Barca no concello de Muxía, logo do desafortunado incendio que sufrira anos atrás.  Mais esta noticia non pasou desapercibida polos veciños xa que na inauguración púidose comprobar como o nome que ata agora tivera “Virxe da Barca” fora traducido ao castelán “Nuestra Señora de la Barca” e gravado así en pedra na parede do templo.Este “atentado contra a nosa ligua” non só foi criticado polos veciños da vila, pois o presidente de “A Mesa pola Normalización da Lingua” catalógao de “un desprezo para este lugar de culto e romaxe galego”. Marcos Maceira tamén critica que estes menosprezos á lingua galega son moi frecuentes tanto na traxectoria das institucións relixiosas galegas como noutros ámbitos. De feito, este manifestou o seu desexo de dirixirse á institución solicitando que volvan poñerlle o nome de “A Virxe da Barca”, nome legal, lexítimo e polo que é coñecido o monumento.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.