Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
17 cousas que podemos facer pola lingua (o 17 de maio e o resto do ano)

 

  •  aloumiñala como un arrolo que adurmiña o naipelo que repousa no teu colo
  • levala de paseo ao parque para que poida escorregar polo tobogán dos soños

  • facela voar con dragóns enormes antes de que Pedro Chosco entre no cuarto das crianzas a fechar todos os ollos

  • convidala a esa festa de aniversario onde toda a familia canta contenta unha canción desafinada

  • lanzala ao ceo cos papaventos e botala ao chan para que bailen as buxainas

  • agasallala en todos as datas que levan dentro unha ilusión compartida e un desexo de felicidade

  • introducila na lista da compra para que non se nos esquezan o azucre e as patacas

  • compartila arredor dunha mesa redonda onde alguén fai un brinde polo futuro

  • levala de compras para que vexa escaparates co cartel de rebaixas

  • usala cando namoramos como parvos para non aburrirnos como ostras

  • metela na maleta que nos leva de viaxe por todos os mapas que soñamos

  • poñela elegante para que desfile polas mellores pasarelas

  • escribila nas paredes con versos que poida entender todo o mundo

  • pedila ao camareiro para que nos saiba mellor o café con leite

  • ensinarlla aos turistas como a mellor postal da nosa terra

  • levala ao traballo a primeira hora para que se comporte puntual e eficiente

e, sobre todo,

  • sacala fóra cando nos piden que a gardemos




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.