Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Raúl Castro'.

A Virxe da BarcaO pasado mes acabáronse as obras de rehabilitación do Santuario da Virxe da Barca no concello de Muxía, logo do desafortunado incendio que sufrira anos atrás.  Mais esta noticia non pasou desapercibida polos veciños xa que na inauguración púidose comprobar como o nome que ata agora tivera “Virxe da Barca” fora traducido ao castelán “Nuestra Señora de la Barca” e gravado así en pedra na parede do templo.

Isidro Novo presenta "Palabras con Memoria"Isidro novo preséntanos a sección “Palabras con memoria” dentro do xornal Sermos Galiza . O escritor pretende amosarnos, nesta rompedora sección, a cantidade de palabras que todos nós usamos a cotío pero normalmente non aparecen nos dicioarios da nosa lingua.

Isidro comezou este proxecto en 2007 cando lle comentou a un amigo seu (Cesáreo Sánchez) a súa inquetude por estas palabras que non

Modelos de lingua e compromisoHoxe 14 de abril, Xosé Manuel Sánchez Rei publica o seu último libro, Modelos de lingua e compromiso. O filólogo aborda na súa obra diversos temas no referente á situación da lingua galega.

Un aspecto importante ao que fai referencia é á falta de compromiso coa lingua, onde destaca a actuación dos políticos, medios de televisión ou personaxes da RAG, os cales, nin moito menos, promoven a utilización da lingua de maneira correcta senón que estes, a pesar da súa formación e posibilidades, fan unha utilización incluso ridícula da lingua. Para evitar isto, o escritor afirma que o galego ten o mundo aberto grazas ao portugués e por iso, debemos defender esa unidade básica dialectal entre galego e portugués.

3 Artigos
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.