Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando

Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.

Artigos nesta sección:

 O 14 de maio de 2012 visitou o noso IES o político Xosé Luis Barreiro, quen fixo unha defensa da nosa lingua.

Deixamos o vídeo cun fragmento do que foi a súa charla

 

Neste vídeo vense todos os tópicos que existen sobre os galegofalantes.

En Galicia existe plurilingüismo, pero é o plurilingüismo que queremos?

Como debe ser este plurilingüismo?

 A semana pasada visitounos o contacontos Celso Fernández Sanmartín.

Reunímonos todos os 2ºs no Salón de Actos, para escoitar e divertirnos moito cos entretidos contos de Celso. A todos nos gustou moito esta actividade, pois con cada  cousa que contaba facia  que botásemos unha carcajada sen fin!
Contounos varios contos, e todos nos gustáron moito. Na miña opinión, Celso é un home moi expontáneo e ocurrente, que con cada historia que conta déixanos ca boca aberta e cos ollos coma pratos. E sobre todo, en cada historia que contou, sempre se atopa unha moralexa, e eso, está moi ben.

Non deixedes de escoitalos porque a profesora Begoña Villaverde explica de xdeito moi clariño todos os pormenores do famoso caso Urdangarín. Pero ademais, antes de comezar, deixounos unha mensaxe tamén moi clara sobre a nosa lingua… Só tendes que abrir os vídeos!

 
 Katharina aprendeu galego e tivo o seu primeiro contacto coa nosa lingua na Universidade de Santiago o ano pasado cando veu á universidade compostelá mediante o programa Erasmus.
Katharina decidiu vir sen amigas alemás a Compostela para aprender máis rápido o español e mais o galego. O ano pasado recibía aquí clases particulares de galego e este ano estuda o noso idioma na Universidade alemá de Tubinguen, xa que alí hai lectorado de galego.
Esta moza, igual ca os seus compañeiros do lectorado, dedícalle actualmente catro horas á semana ao galego, dúas a cultura galega e outras dúas de lingua. Comentounos que o noso idioma lle parecía moito máis doce ca o español.

Considerar que o galego xa alcanzou o máximo prestixio no mundo deportivo? Iso claramente non é certo. Efectivamente estanse levando a cabo políticas lingüísticas para conseguir o seu desenvolvemento en todos os ámbitos pero aínda hai moito polo que loitar. Referireime a todo o relacionado co deporte.

Este ano, como en ocasións anteriores, o premio Leixaprén, de recoñecemento á defensa da língua galega, foi entregado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL), representada por Valentina Formoso (IES Felix Muriel). O premio, foi entregado o pasado sábado 26 de maio no hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela. O xurado estivo formado por dous membros do Consello Directivo, dous representantes das comarcas que compoñen o CGENDL e unha persoa convidada que conta con coñecementos do ámbito seleccionado en cada elección. O gañador nesta edición foi Imaxin Software pola súa integración do idioma no Universo TIC, a innovación que ofrece ao cliente e a perspectiva global que ten de Galiza. O premio foi unha figura alegórica do artista Álvaro Negro. O segundo premiado foi R Telecomunicacións, e, en terceiro lugar, Alimentos Amorodo.

474 Artigos |   | 1  |   | 33  | 34  | 35  | 36  | 37  | 38  | 39  | 40  | 41  | 42  | 43  |   | 60  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.