Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando

Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.

Artigos nesta sección:

Onte pola mañá, escoitei na radio unha noticia que me chamou moito á atención. A noticia falaba de que nun hospital de Cataluña os médicos podían falarlle aos pacientes en catalán, aínda que estes non o entendesen. E isto fíxome reflexionar, o pouco que podía a esas horas da mañá, sobre o feito de que en Cataluña os médicos poden facer iso mentres aquí, en Galicia, un libro que cita textualmente o artigo 5º do Estatuto de Autonomía é censurado.

A medida que foi entrando a mañá fun desenvolvendo diferentes razonamentos, os máis deles tiñan que ver con razóns pouco certas, xa que estaban relacionadas cos prexuízos que tiña sobre a xente desa comunidade, poise u sonvos do Real Madrid; pero logo cabilei que todo isto débese a que os cataláns, cando se realizou a lei de normalización lingüística, non tiñan ningún tipo de prexuízos arredor da súa lingua, tiñan bastante claro que o catalán era o seu idioma.

Ola boas, esta presentación (en portugés) trata sobre Simão Sabrosa. O noso amigo tivo unha carreira futbolística digna dunhas cantas diapositivas.

Esta recopilación da súa vida familiar e profesional abarca dende os seus inicios no Sportin de Lisboa ata a actualidade no Besiktas, aquí vola deixo:

Estamos participando no proxecto  do Equipo de normalizacion Rianxo 2112. O noso traballo consiste en facer  uns vídeos sobre os petróglifos e cando o fomos realizar atopámonos con varias cousas sorprendentes: nos de Asados o acceso estaba moi mal sinalado e cando chegamos a eles non fomos capaces de atopalos nas rochas. Nos de Leiro, os únicos que están catalogados a nivel nacional, o accseso foi imposible xa que o camiño que debería haber non se atopa por ningún lado xa que está cheo de maleza e silvas. Os accesos ós de Brión non están sinalizados e atópanse en mal estado.

Xa redactamos unha carta para enviarlle o concello presentándolles esta situación tan lamentable, e esperamos que se realicen as pertinentes melloras.

Manuel C. Núñez Singala nace o 23 de setiembre de 1963. A Terra Chá é a súa primeira patria. Máis tarde, múdase a Santiago de Compostela onde estuda e traballa. Estudou Filoloxía Galega e traballou no Parlamento de Galicia, na Xunta e finalmente, desde hai xa bastantes anos, na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixe, desde o ano 1988, o servizo de Normalización Lingüística.

Aprende curiosidades sobre a vida de Gilberto Passos Gil Moreira. A continuación deixo unha presentación en Power Point escrita no idioma no que o artista cantou, pero de seguro que ninguén terá problemas en comprender a mensaxe a trasmitir.

Política Lingüística premia cinco centros educativos polo seu traballo innovador en dinamización lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística premiou no ano académico 2011-2012 as iniciativas do CPI Dr. López Suárez do Saviñao e dos institutos Félix Muriel de Rianxo, Rodeira de Cangas, Perdouro de Burela e As Bizocas do Grove

 

               Leonard Cohen sae de Los Angeles coa súa guitarra española sobre os ombros e diríxese cara Asturias. É o poeta, novelista e cantante que foi recoñecido co Premio Príncipe de Asturias das Letras 2011. A súa figura foi inmortalizada milleiros de veces dende os obxectivos tímidos das cámaras máis prestixiosas, fotografías nas que hoxe podemos ver a evolución do tempo no seu corpo e na súa carreira. Vestido de traxe e gravata, o poeta canadense encamíñase á palestra. Con toda a súa humildade e humanidade, confesa o insomnio desa noite, asaltando o minibar do hotel e cita a Ricardo Muti cando di que non está acostumado a falar diante da xente sen unha orquestra detrás. Danos unha pista do que é: o home e non o mito. Así que recitará o seu solo, sen papeis, só el e a súa historia.

474 Artigos |   | 1  |   | 37  | 38  | 39  | 40  | 41  | 42  | 43  | 44  | 45  | 46  | 47  |   | 60  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.