Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando

Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.

Artigos nesta sección:

       O pasado mércores dia 9 de maio Xosé Ramón Pichel Campos veunos dar unha charla sobre a empresa e a nosa lingua.


   

Ramón Pichel é o director da empresa Imaxin software, que leva 15 anos desenvolvendo programas informáticos en galego, unha das razóns polas que é candidata ó Premio Leixaprén. Eles son catro socios que ó rematar a carreira decidiron montar unha empresa. A dous deles gustábanlles o tema das linguas e aos outros dous os vídeoxogos, e de aí provén esta empresa que fai videoxogos en galego e noutros idiomas. O primeiro xogo que crearon foi enviado a Guipúzcua para que os nenos aprendesen vasco e tamén onde están as vilas e os ríos do Pais Vasco.

         Para comezar a charla fíxonos unhas preguntas sobre a relación que existe entre as empresas e o galego.

Seguindo na liña de mostrar o noso punto de vista sobre o plurilingüismo xuntamos esta circular informativa elaborada desde a Coordinadora Galega de ENDL

 

 

 

 

Poñemos aquí o díptico elaborado pola Coordinadora galega de ENDL “Docentes por un plurilingüismo inclusivo” para que o leades e teñades un novo enfoque do tema

 

 

O pasado xoves día 12 de abril, o alumnado do IES Félix Muriel tivemos unha conferencia coa profesora da Universidade da Coruña Socorro Castro.

 

Durante esta charla a profesora estívonos a falar sobre a contaminación producida polos automóbiles actuais e da falta de recursos que este planeta vai sufrir en poucos anos se non facemos nada por remedialo.

O grupo de teatro Chévere está a desenvolver no I.E.S A Cachada de Boiro un proxecto normalizador baseándose na famosa obra de Shakespeare, Romeo e Xulieta; pero agora as familias dos dous namorados loitan por razóns de lingua.

Bótalle unha ollada ao labor que levan feito no seguinte vídeo:

 

474 Artigos |   | 1  |   | 34  | 35  | 36  | 37  | 38  | 39  | 40  | 41  | 42  | 43  | 44  |   | 60  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.