Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Celso Fernández Sanmartín visitou o noso centro

 A semana pasada visitounos o contacontos Celso Fernández Sanmartín.

Reunímonos todos os 2ºs no Salón de Actos, para escoitar e divertirnos moito cos entretidos contos de Celso. A todos nos gustou moito esta actividade, pois con cada  cousa que contaba facia  que botásemos unha carcajada sen fin!
Contounos varios contos, e todos nos gustáron moito. Na miña opinión, Celso é un home moi expontáneo e ocurrente, que con cada historia que conta déixanos ca boca aberta e cos ollos coma pratos. E sobre todo, en cada historia que contou, sempre se atopa unha moralexa, e eso, está moi ben.

Por último, cando terminou esta interisantísima actividade démoslle un longo aplauso e dirixímonos ás nosas aulas moi contentos/as por participar nesta actividade e algo descontentos porque nos pareceu moi curta. Estiven falando con varios/as compañeiros/as meus/miñas e todos/as coincidímos en que desexamos que Celso Fernández volva outra vez a visitar o IES Félix Muriel, e canto antes! para debuxarnos un sorriso cas súas bonitas historias.
 

 

 

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.