Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando

Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.

Artigos nesta sección:

Seguindo coa celebración do mes do amor, deixámosvos máis poemas de amor portugueses.

Buscase alumnado da ESO ou de bacherelato para participar.

Estamos celebrando o mes do amor, polo tanto, aquí deixo un poema de amor en portugués de Fernando Pessoa.

Deixámosvos unha recompilación de textos en portugués, esperamos que vos gusten.

O alumnado de portugués aproveitando os días da Candeloria e de San Valetín, estivemos buscando poemas de amor en portugués. Este é o poema portugués de amor máis coñecido de Fernando Pessoa.

  Núñez Singala explicounos mediante xogos e enigmas os diferentes prexuízos que temos os falantes sobre as distintas linguas. Un dos prexuízos que nos presentou foi que o galego é una lingua bruta que soa mal. Despois preguntounos que linguas nos soaban ben e dixemos: o italiano, o francés, o español e o inglés. Deseguido preguntounos cales nos soaban mal e contestamos: o alemán, o árabe, o ruso e o xaponés. El explicounos que non hai linguas que soen ben e outras que soen mal; senón que temos ese prexuízo porque asociamos a lingua dun país con algo característico del, que nuns casos gústanos e noutros non, ou pola súa proximidade a nós.

Outro dos prexuízos era que aprender galego é una perda de tempo, se todos falásemos inglés non habería problemas para entendernos. Este prexuízo fíxome reflexionar e pensar que se houbese unha soa lingua no mundo non habería que aprender outras, pero perderíase toda a riqueza lingüística do mundo, o cal sería una verdadeira traxedia. Outro prexuízo que me chamou a atención foi que falar en galego cando hai alguén que non o fala é de mala educación. Na miña opinión isto non debería ser así, xa que sempre que a persoa ca que falamos nos entenda non deberíamos cambiar de lingua.

Mediante enigmas e xogos como contar o número de cadrados , pasar con catro liñas consecutivas por nove puntos sen levantar o lapis do papel, foinos explicando os prexuízos anteriores.

Grazas a esta actividade coñecemos mellor os prexuízos e agora podemos mellorar e abrirlle a porta a todas as linguas.

Cantos cadrados hai?

Os prexuízos dunha lingua” ese foi o tema do que nos falou Manuel Nuñez Singala o director de Servizos de Normalización da Universidade de Santiago de Compostela. Contounos como o ser humano tende por defecto a críticar as cousas que non coñece por exemplo a lingua Galega. Unha lingua falada polo 75% dos Galegos. Pero …. que pasa con ese 25%? Sinxelo como ben dixo Manuel : “non hai persoas que fagan tanto dano a súa propia lingua como os galegos”. Isto sucede porque segue habendo moitos prexuizos coa nosa lingua, moita xente di que “non serve para nada “, que “ e unha perda de tempo” ou simplemente “ porque soa mal”. Por que xulgar algo que para moitos é descoñecido? Manuel Nuñez Singala demostrounos que isto é así grazas a uns catro xogos nos cales nos demostraba como tendemos a facer as cousas á lixeira, sen pararnos a aprender ou simplemente a observar. O primeiro xogo consistía en dicir cantos cadrados había, nun de 4X 4. con este xogo aprendeunos que ás veces as apariencias non sempre son o que parecen e porque unha lingua sexa diferente non quere decir que non nos poidamos parar a escoitar e aprender. No segundo como pasar por 9 puntos sen levantar o lápis do papel. O terceiro era unha historia na que outra vez nos ensinaba que as cousas obvias non son tan sinxelas como parecen. E por último mandounos sumar uns números para demostrarnos que aínda que todos sabemos sumar non nos vai dar o mesmo resultado xa que facemos todo a lixeira. E o mesmo pasa co galego. Por moito que todos saibamos falalo hai persoas que prefiren non facelo polos PREXUÍZOS.

Aquí comparto unha presentación en Power Point sobre José Eduardo Vale e Castro. Está escrita en portugués, idioma do país no que se criou este futbolista.

474 Artigos |   | 1  |   | 36  | 37  | 38  | 39  | 40  | 41  | 42  | 43  | 44  | 45  | 46  |   | 60  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.