Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando

Sección dedicada a mostrar dinámicas normalizadoras propias, do noso ENDL, pero tamén a dar conta de persoeiros, entidades, organizacións… que se moven no mesmo campo ca nós, o da normalización das linguas minorizadas. Aproveitamos tamén este espazo para presentar información sobre distintas linguas minorizadas no mundo.

Artigos nesta sección:

Fixen un traballo sobre a lusofonía no mundo achegando datos como son a cantidade de falantes en cada un deles e os grandes difusores da sua cultura como son escritores (Saramago, Mia Couto..) e artistas (Amalia Rodrigues)

A plataforma Queremos Galego recibiu a resposta do concello de Santiago á solicitude de instalación do palco necesario para a celebración do acto final da manifiestación a prol da lingua galega que se vai celebrar o vindeiro domingo día 27 de xaneiro. O concello pídelle á plataforma unha fianza de 600 euros, algo nunva visto.

Dende o local de alumnos do IES, animámoste a asistir a manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego, en defensa da nosa lingua, o galego.

Pertenzo a Xeración Xabarín. Medrei ao son das riasadas rosmonas do porco bravo. Afoguei coas migallas do bocadillo que se me atragoaban ao cantar coa boca chea os himnos do Clube – tería levado a man ao peito de non as ter ocupadas coa soborosa menda-. E por suposto imitei – sigo imitando e imitarei- ao protagonista deste vídeo, Shinnosuke Nohara, mestre das argalladas por excelencia. Mais o pequeno sensei ensinounos ante todo a divertirnos en galego.

Quizáis se pregunte o lector por que falo sempre en pasado. Pois ben, fágoo porque poño a esperanza no futuro. Nestes tempos os afiliados ao Clube escasean, os «xabacarnés» caducan por maioría de idade, as novas rapazadas descoñecen o apartado de correos 874… Entón, onde desfrutan os cativos do «cuíño, cuíño» de Sin Chan? En ningures. Poucos son os rapaces que ven o Xabarín. Poucos e cada vez menos… A pérdida de peso do galego nas escolas supón na «desaceleración» -lembrades o significado desta palabra na boca do anterior presidente?…- da normalización lingúística unha porcentaxe irrisoria en comparación coa preta desaparición dos debuxos no noso idioma… Como é isto? Teño dous primos pequenos, de oito e catro anos. Vítimas das recentes políticas lingüísticas, mais galegofalantes dende o berce. Admiro a súa destreza do idioma da nazón; os castelanismos neles vense practicamente extintos. Sen aparente problema na utilización das dúas linguas oficiais presentan a peor diglosía xamáis coñecida… A da mente!!! A lingua propia de Galiza vese desprazada no propio maxín!!! O proceso é sinxelo: ven os debuxos animados en castelán e cando ao xogar recrean ditos debuxos fano no idioma no que os coñeceron. Imaxinan en castelán! A creatividade é característica implícita do ser humano, prima sobre a razón e sobre todas cousas. A nosa esencia…

Alguén dixo algunha vez que «os soños son o espello da alma». Penso en cal será a lingua dos seus soños, unha pregunta da que temo coñecer a resposta…

O xoves 22 de Novembro, a sentenza do TSXG desacreditou considerablemente á  Consellaría de Educación de Galiza e ao seu Decreto do Plurilinguismo. Dita sentenza tacha de -parafraseando a Marta Dacosta-  ilóxico, baleiro, incoherente e ilegal ao ilóxico, baleiro, incoherente e ilegal decreto. Quero dicir. Quitando os argumentos legais que aportou a sentenza, xa estaba demostrado de sobra que o decreto era un claro atentado contra a lingua propia de Galiza -aclároo- o galego. A que me refiro con isto? Será o xogo do zapatiño inglés? Cando o que apanda mira, os outros non se moven, e cando este se vira, seguen avanzando?… En que vai quedar todo isto? Daranlle ao TSXG a razón como aos tolos? -como xa se lle deu o poder aos tolos…-. Desfalcos, blanqueo de contas, paraísos fiscais. Delitos políticos con máis probas en contra  se pasaron por alto, non?

Se che gosta a túa lingua, se che parece cariñosa, si estás orgulloso da túa gheada, do teu seseo,se che gosta que che digan quérote, se che gosta o teu cheismo e tamén o rotacismo, se a túa lingua che parece linda e preciosa:

474 Artigos |   | 1  |   | 29  | 30  | 31  | 32  | 33  | 34  | 35  | 36  | 37  | 38  | 39  |   | 60  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.