Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Sarela Betanzos Freire 3ºD

En Galicia existe plurilingüismo, pero é o plurilingüismo que queremos?

Como debe ser este plurilingüismo?

PLURILINGÜISMO

 

Efectivamente, o plurigüismo é un obxectivo da sociedade. Cantas máis linguas coñeces máis formación posúes e máis posibilidades tes de atopar un bo traballo. É certo que impartir materias en linguas estranxeiras axuda a mellorar a comprensión e a desenvolverse nesa lingua. En principio, o plurilingüismo é unha gran medida formativa, que axudará a aos mozos e mozas galegas a falar outros idiomas e estes sairán mellor formados de cara ao mundo laboral. Pero o decreto de plurilingüismo agocha outro obxectivo, un ataque á nosa lingua. Co plurilingüismo actual nas aulas, o que se consegue é diminuír o uso e aprendizaxe do galego, no canto de fomentalo, xa que é a nosa lingua propia e a nosa identidade.

E como se consegue diminuír o uso do galego?

Impártense clases o 33% en galego, o 33% en castelán e o 33% en inglés ou noutra lingua estranxeira. Isto pon ao mesmo nivel de oficialidade ás tres linguas, o cal perxudica gravemente o galego, xa que se tendo o 50% das clases impartidas en galego, este non estaba normalizado, agora tendo o 33% aínda diminúe máis o seu uso.

Transmítese á sociedade a idea de que o inglés, o francés, o castelán,etc. son linguas máis importantes que o galego, xa que son as linguas máis faladas no mundo, e son as que deben ensinarse.

Ao fomentar as linguas estranxeiras, con cursos nos países desa fala, e enviando axudas para impartir clases neses idiomas, non se menciona o portugués, lingua irmá do galego, e que polo tanto, resulta máis fácil para nós de aprender.

En definitiva, faise circular a idea de que hai que deixar de lado o galego, para aprender idiomas importantes.

A sociedade quere plurilingüismo, pero non así.

E como debe ser o plurilingüismo?

Os obxectivos deben ser, poder comunicarse en moitas linguas, repectar todas as linguas, ter interese por aprender, fomentar a diversidade cultural, e sobre todo, concederlle valor á lingua propia.

Débese ensinar idiomas de forma conxunta para que a súa aprendizaxe resulte máis doada, non pretender dominar todas as linguas á perfección, non empezar a aprendizaxe a idades tan cedas, pois débese primeiro familiarizar coa lingua materna.

 

Para afrontar o problema do plurilingüismo na Galiza, podemos lembrar a seguinte cita de Castelao:

“O problema do idioma de Galiza é, pois, un problema de dignidade e de liberdade, pero máis que nada é un problema de cultura. Estamos fartos desa cultura esterilizada que nos fan mamar por biberón. Nós queremos mamar a cultura na propia teta. Pedimos garantías legais para o desenrolo natural do noso espírito, porque queremos volver a presentarnos dignamente no mundo, lavando nas mans o ouro da nosa cultura (sabiduría manifestada) para ofrendalo ó acervo espiritual da Humanidade.”. Sempre en Galiza, libro primeiro (fragmento).

Como di Castelao, o problema do galego é un problema de liberdade e de dignidade. É un problema dos galegos e galegas, que vemos a nosa lingua como inferior ás demais, e no canto de querela e enriquecela, deixámola abandonada para aprender outros idiomas estranxeiros, que consideramos superiores. Antes de nada, o que debemos facer é normalizar o uso do galego e reivindicar os seus dereitos como lingua propia de Galicia, e logo, poderemos dedicarnos a aprender outras linguas e coñecer outras cultura a través da nosa propia.

 

Para máis información consultar a seguinte páxina:

http://www.coordinadoraendl.org/plurilinguismo/index.html

 

Sarela Betanzos Freire, 3º D

PLURILINGÜISMO EN GALICIA



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.