Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Unha alemá que estuda galego

 
 Katharina aprendeu galego e tivo o seu primeiro contacto coa nosa lingua na Universidade de Santiago o ano pasado cando veu á universidade compostelá mediante o programa Erasmus.
Katharina decidiu vir sen amigas alemás a Compostela para aprender máis rápido o español e mais o galego. O ano pasado recibía aquí clases particulares de galego e este ano estuda o noso idioma na Universidade alemá de Tubinguen, xa que alí hai lectorado de galego.
Esta moza, igual ca os seus compañeiros do lectorado, dedícalle actualmente catro horas á semana ao galego, dúas a cultura galega e outras dúas de lingua. Comentounos que o noso idioma lle parecía moito máis doce ca o español.

 

Katharina contounos tamén algo sobre a súa experiencia por España visitando as cidades máis grandes e mais o seu desexo de vir vivir aquí xa a finais deste ano, cando remate os seus estudos de literatura en Alemaña

Ela ao falar de Galicia di que hai máis festa que en Alemaña, que o que máis lle gusta é a mentalidade da xente aínda que tamén di, chámalle a atención, que a comida de aquí se serve en racións máis grandes que en Alemaña.

 

 

Asistimos á charla alumnos e alumnas de 1º de bacharelato e mais o grupo de 1º do ciclo formativo. Algunhas alumnas, ao saber que Katherina traballaba nas fins de semana nunha residencia de anciáns, fixéronlle preguntas sobre este traballo, para o que elas se están formando, alá en Alemaña. Mais ela non as animou a ir para o seu país, só de viaxe ou a pasar unha tempada pequena.

 

 

 

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.