Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

O martes 13 de novembro, no auditorio de Catoira, tivo lugar a preestrea da obra Invisibles de Redrum Teatro, unha adaptación do libro de Montse Fajardo do mesmo título. Está dirixida por Marián Bañobre e interpretada por Mela Casal, Nieves Rodríguez e Sheyla Fariña.

    Estas actrices dan vida a sete mulleres: Eva, Mariluz, Tina, Ana, Irene, Marga e Begoña. Todas elas diferentes, en idade, clase social, nivel económico … pero todas vítimas de casos reais de violencia de xénero. Durante a función transmiten sensacións, angustias, medo, impotencia, inseguridade, dependencia, dúbidas… póñenche na pel das afectadas.  Unha representación que non deixará a ninguén indiferente.

    Ademais de en Catoira xa a puideron gozar nos auditorios de Pontevedra e Viana do Bolo. Se vos entraron as ganas de vela, non temades que estará proximamente nos teatros de Milladoiro e Vilagarcía de Arousa. Neste sitio web podedes ter máis información: https://www.redrumteatro.com/invisible .

Persoalmente creo que a obra tería que ser obrigatoria, recoméndovos a todas e a todos que non a deixedes escapar, nin a función nin o libro.

Fai uns días entrei nunha tenda. Ata aí, nada fóra do normal. O que contarei a continuación é o tema sobre o que tratará este artigo: nela, atopeime cunha tableta onde podías opinar sobre o establecemento, concretamente H&M, a través dunha serie de preguntas. Coa intención de completar o cuestionario, decidín comezar, pero antes de facelo era necesario escoller a lingua na que o querías facer. Aquí está o importante: entre estas linguas atopábase o galego.

O problema reside no seguinte feito: por unha banda, este acontecemento é moi positivo, xa que contribúe á normalización lingüística, pois permite utilizar o galego nese ámbito; pero por outra, ademais de que había importantes faltas ortográficas nas preguntas e nas respostas, resultou que @s caixeir@s se dirixían a min en castelán, o que non facilita acadar ese obxectivo. A iso súmaselle a situación de diglosia que presenciei no mesmo establecemento, pois moitas persoas galegofalantes cambiaban de lingua ao chegar á caixa, debido aos prexuízos lingüísticos.

Xa levaba un tempo pensando en estudar Tradución en galego cando asistín o pasado outubro á presentación de Forever in Galicia. Este feito serviume para reafirmarme, pois pareceume realmente interesante poder dar a coñecer obras da literatura galega a outros pobos na súa lingua.

O ano que vén vou estudar Tradución e Interpretación. Si, gústame ser positiva pero como quizais soe un pouco pretenciosa, cambiarei ese vou por un quero. Como esta idea leva na miña cabeza bastante tempo, vexo necesario compartir o proceso de elección da carreira que teño pensado estudar dentro dun ano.

Todo comezou en cuarto da ESO, cando a orientadora nos impartiu unha pequena charla sobre a educación posobrigatoria. Comentounos as distintas opcións que había para chegar á universidade: bacharelato, un ciclo… Logo, falounos sobre as carreiras, coas súas correspondentes notas de corte e ponderacións. Unha vez que tiven nas miñas mans a listaxe con todas elas, fixeime nunha en concreto: Tradución e Interpretación. Intereseime pola mesma, buscando en Internet información. O que máis me chamara a atención sobre ela fora que no papel había catro apartados da carreira: galego-inglés, galego-francés, español-inglés e español-francés. Non sabía cal desas traducións prefería, pero sabía que quería ser tradutora.

pelos na lingua 3O pasado sábado vinte tivo lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, ás oito e media da tarde, a obra de teatro Pelos na lingua, cuxo elenco estaba formado por Toño Casais, María Ordóñez e Artur Trillo, do grupo teatral Talía, á que asistín, ao igual que moitos dos meus compañeiros e compañeiras.

Probablemente o lector ou lectora estea a preguntarse sobre que trata o espectáculo, mais con ese título non é moi complicado adiviñar o tema da obra: a lingua (galega). Como o propio grupo indica, está destinada a todo o mundo, independentemente da súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o galego debería ser a lingua universal, aos que pensan que o inglés debería ser a lingua universal, aos que cren que a maioría dos galegos falan castelán, aos que cren que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, a mestres, a alumnos, a actores, a actrices, a carpinteiros, a carpinteiras, a todos e a todas. Ao mundo enteiro, independentemente da súa lingua.

A continuación, vou contar a obra escena por escena. Digo isto para que sirva como aviso a navegantes para que, se alguén quere desfrutar da mesma, se dirixa ao último parágrafo para non ter que sufrir un spoiler. A obra comezou coas dúas personaxes masculinas explicando que ían “falar dela”, referíndose á personaxe feminina, vestida co traxe tradicional galego, que saíu de detrás do biombo, a cal, simbolizaba a lingua galega. Logo, esta, comezou a quitar a roupa que levaba, para deixar ver un vestido negro co que interpretou a unha moza que discutía cos seus proxenitores, pois acababan depelos na lingua 1 saber que a súa filla, castelanfalante durante toda a súa vida, nada máis chegar a Santiago, entendendo aquí que se atopaba estudando na Universidade, comezara a falar galego. Esta situación deulles pé para amosarlle ao público algúns dos prexuízos máis comúns contra o galego: o galego é un idioma imposto (os pais dinlle que é pola imposición del gallego) ou a falta de utilidade do galego (con el gallego no vas a ningún sitio). Ademais, cando ela lles responde en galego, eles dinlle que parece que ten pelos na lingua.

No día de hoxe, 11 de novembro cúmprense 100 anos do esperado anuncio do final da Primeira Guerra Mundial. Ás 11 horas da mañá do día 11 de novembro de 1918 o mariscal Foch anunciou: “a partir das 11 da mañá do día de hoxe, hora oficial en París, cesarán as hostilidades en todos os frentes”.

Despois dunha guerra de catro anos que destrozou Europa, esta era unha noticia moi desexada en todo o mundo, xa que foi unha guerra moi cruenta, con máis de 10 millóns de mortos, e o seu anuncio foi celebrado en Europa de moi distintas formas: campás soando no bando dos Aliados (Reino Unido, Francia, Estados Unidos e Italia), 101 canonazos en París, en Madrid non houbo escola para que o alumnado o puideran festexar.

Resultado de imaxes para A nosa TerraNo comezo de século, o galego é a lingua de comunicación oral maioritaria, vinculada aos sectores rural e mariñeiro, aínda que comeza a perder falantes. O castelán é a lingua hexemónica entre as clases dirixentes e nos ámbitos formais e o galego está excluído do ensino e dos medios de comunicación. Diversos grupos culturais e políticos loitarán neste período pola recuperación do galego como lingua culta, destacando as Irmandades da Fala.

As Irmandades da Fala fúndanse na Coruña o 18 de maio de 1916 da man de Antón Villar Ponte co obxectivo de defender a dignificación e a ampliación de usos da lingua. O seu voceiro era A nosa terra e ademais das reivindicacións culturais, presentan un ideario político ben definido que supón o inicio do nacionalismo.

En canto á súa actividade cultural, potencian o uso do galego en todo tipo de ámbitos (ensino, xustiza, prensa, tradución de obras da literatura universal…), fundan editoriais e publicacións periódicas en galego, publican Algunhas normas pra unificazón do idioma galego e un dicionario castelán-galego, impulsan o teatro pola súa importancia normalizadora e social e poñen en marcha o Seminario de Estudos Galegos.

O vefamilias diver 1nres vinte seis, un grupo de alumnos e alumnas de segundo de bacharelato tivemos unha reunión con rapaces e rapazas de primeiro da ESO durante o segundo recreo. Nela, falámoslles sobre as familias, e, concretamente, sobre os distintos tipos das mesmas.

Ao principio, non tiñamos nin idea de como se ía desenvolver a pequena “clase” que lles iamos impartir, pois non sabiamos os seus coñecementos sobre o tema, do mesmo xeito que tampouco coñeciamos se eles e elas sabían o que iamos a tratar, por iso a primeira pregunta que lles formulou a miña compañeira Lía foi se sabían cal era o tema. Algúns deles negaron coa cabeza, mentres que outros berraron ben alto a palabra familias. Unha vez que despexamos esa dúbida, preguntámoslles que era para eles unha familia, e non puidemos ocultar o noso abraio cando mencionaron os distintos tipos da mesma, como pais separados, dous homes cun fillo e incluso un neno chegou a dicir familia monoparental, facendo que nos deramos de conta de que saben máis do que parece. A continuación, unha nena e un neno, saíron ao encerado para debuxar distintos tipos de familias, o que serviu para ilustrar o feito de que normalmente pensamos que os seus coñecementos sobre o tema son nulos, cando, en realidade, saben moito máis e son máis abertos que algún adulto.

Resultado de imaxes para pintur instrumentos musicaisNa sociedade actual, o principal obxectivo é gañar cartos e enriquecerse cada vez máis. Unha cadea sen fin, de avaricia e focalización no capital. Por iso, xa non queda tempo para a creación nin para a busca de emocións sen máis finalidade que a súa en si mesma. Onde se atopa esa xente que escribe ou comparte música por paixón e non por comercializar os súas producións? Como se explica a finalidade da arte se non se sente nin se aprecia?

Arte. Esa palabra que invade a mente de cada individuo con múltiples creacións, ideas, lugares ou sons. Milleiros de elementos que nos recordan esa sensación inexplicable que só ela pode transmitir. É subxectiva, tal e como é cada recuncho das nosas emocións. Non se pode cuantificar. É arte, útil e inútil á súa vez, na súa esencia. Cando o beneficio económico dela é nulo, abandónase, ignorando que este concepto foi inventado para o contrario: o pracer sen ningún outro obxectivo. Os cartos son útiles, pero non aportan a total felicidade. Pode que crear arte tampouco, pero achéganos máis a ela. A súa maior virtude é a forma que ten de aloumiñar a quen a aprecia e a capacidade de transmitir o que cada quen precisa expulsar do seu interior mediante unha vía distinta á fala cotiá.

470 Artigos |   | 1  |   | 30  | 31  | 32  | 33  | 34  | 35  | 36  | 37  | 38  | 39  | 40  |   | 59  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.