Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Familias diversas (por Irene Fernández)

O vefamilias diver 1nres vinte seis, un grupo de alumnos e alumnas de segundo de bacharelato tivemos unha reunión con rapaces e rapazas de primeiro da ESO durante o segundo recreo. Nela, falámoslles sobre as familias, e, concretamente, sobre os distintos tipos das mesmas.

Ao principio, non tiñamos nin idea de como se ía desenvolver a pequena “clase” que lles iamos impartir, pois non sabiamos os seus coñecementos sobre o tema, do mesmo xeito que tampouco coñeciamos se eles e elas sabían o que iamos a tratar, por iso a primeira pregunta que lles formulou a miña compañeira Lía foi se sabían cal era o tema. Algúns deles negaron coa cabeza, mentres que outros berraron ben alto a palabra familias. Unha vez que despexamos esa dúbida, preguntámoslles que era para eles unha familia, e non puidemos ocultar o noso abraio cando mencionaron os distintos tipos da mesma, como pais separados, dous homes cun fillo e incluso un neno chegou a dicir familia monoparental, facendo que nos deramos de conta de que saben máis do que parece. A continuación, unha nena e un neno, saíron ao encerado para debuxar distintos tipos de familias, o que serviu para ilustrar o feito de que normalmente pensamos que os seus coñecementos sobre o tema son nulos, cando, en realidade, saben moito máis e son máis abertos que algún adulto.

Logo, proxectamos un anuncio de Coca Cola de fai tres anos aproximadamfamilias diver 2ente, no que varios nenos contan ás súas familias o que lles din no colexio sobre as mesmas, porque para cada un deles a “familia normal” é a súa propia familia: dende unha nai que ten unha idade superior á que está ben vista pola sociedade actual, ata unha familia formada por dous pais e un neno. A miña compañeira Yolanda preguntoulles se se decataran de algo en especial, ao que unha rapaza lle contestou: o importante nunha familia é sentirse feliz.

Foron arredor de quince minutos que non chegaron para moito máis, pero dende logo espero que nese período de tempo lles aportaramos tanto como nos aportaron eles a nós, pois creo que nos ensinaron máis eles e elas a nós, do que fixemos nós. Acabamos falando, durante un bo anaco, entre nós, sobre o sorprendidas que estabamos coa ausencia de prexuízos e estereotipos neste grupo de alumnos e alumnas de 1ºESO.

Teño moitas ganas de volver a ter unha reunión con eles e elas, xa que foi moi pouco tempfamilias diver 3o que, aínda que soubemos como aproveitar, non nos deu pé a afondar máis no tema, polo que espero que para a próxima volvamos a recibir unha lección pola súa parte, ao mesmo tempo que eles reciben información e coñecementos pola nosa, ademais de facer que pensen en ideas e proxectos para levar a cabo no instituto.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.