Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

   O pasado 16 de xaneiro visitou o IES Félix Muriel Conchi Regueiro, a escritora da “A herdanza do Marqués”, o libro que lemos todos os alumnos/as de 2º de ESO. Comezou disculpándose do seu estado de voz e a continuación empezou a dar a súa entretida charla. Recalcou que era unha escritora de ficción, pero tamén quixo deixar claro que a ficción ten aspectos imposibles cunha base racional. No libro a parte da ficción, quixo poñer cousas ou obxectos que nos rodean ( cine,centro comercial…).Respecto aos persoaxes contou coa voz subxetiva de Xandra e ca obxetiva de Zoila. Sobre os correos que aparecen no libro, comentou que os puxo para aportar outra opinión dende o punto de vista de Zoila, e así tamén aportaría máis detalles dende outro punto de vista.

Despois contou que o libro fora editado no 2009, pero que no 2007-2008 xa acabara de escribir a historia, só que os trámites eran moi lentos. Despois repitiu varias veces que era moi rápida escribindo os seus libros e novelas só lle levaban un prazo de 3 ou 4 meses. Tamén comentou que lle parecía moi raro o favoritismo dos persoaxes dalgúns lectores. Nun ano visitou un instituto, e a maioría dicía que o seu persoaxe favorito era Lois, porque pode facer ben ou mal, pero que sempre se preocupa dos seus.

Dixo que actualmente estaba escribindo a 2ª parte da “ A herdanza do Marqués”, pero que aínda se atopaba no inicio, pois de momento só leva 7000 palabras, máis ou menos 14 ou 15 follas. Un dato curioso é que ela escribiu un libro en castelán chamado “Cielo mío” e a editorial traduciuno tamén ao inglés. Gañou o premio de literatura, relato e novela. Pero desgraciadamente non gañou o premio da “Meiga Moira” según ela dixo: “Son a eterna finalista de Meiga Moira”.

Logo viñeron as numerosas preguntas:

Aida, unha alumna de 2ºC fixo varias, entre elas estas dúas:

Parecese Vilacardoso a algún lugar dos que ti visitaches?
A verdade é que sí, Vilacardoso parécese moito a unha aldea que se chama Xinxo.

Na 2ª parte cambiarás os persoaxes?
Non, seguirán os mesmos .

Despois preguntou Carlos Bustelo, unha pregunta moi curiosa:
    Se a vostede lle deran como posibilidade facer unha película sobre “A herdanza do Marqués”, que respondería? Si ou non?
Encantaríame que fixeran unha película do meu libro, pero teño que recoñecer que non meterían todos os detalles porque senon sería imposible, a película duraría moito.

Logo, preguntou Nerea de 2ºB:

Terá lugar este fin de semana nos días 28 e 29 de xaneiro en augas francesas e eu e mais meu irmán imos participar!

Política Lingüística premia cinco centros educativos polo seu traballo innovador en dinamización lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística premiou no ano académico 2011-2012 as iniciativas do CPI Dr. López Suárez do Saviñao e dos institutos Félix Muriel de Rianxo, Rodeira de Cangas, Perdouro de Burela e As Bizocas do Grove

Hoxe veu a TVG gravar o peche da actividade de celebración do Centenario de Cunqueiro.

Ao noso instituto veu hoxe, día 20 de decembro, Abrahan Carreiro para falarnos da súa obra Xoeliki. Ao rematar a súa charla estivo asinándonos os libros.

O tolo de Wurttemberg, poeta de mirada perdida e pluma esquizofrénica, afirmaba: “Nunca comprendín as palabras dos homes, crecín nos brazos dos deuses”.

470 Artigos |   | 1  |   | 54  | 55  | 56  | 57  | 58  | 59
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.