Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Cen anos do final da Primeira Guerra Mundial (por Francisco Rubio)

No día de hoxe, 11 de novembro cúmprense 100 anos do esperado anuncio do final da Primeira Guerra Mundial. Ás 11 horas da mañá do día 11 de novembro de 1918 o mariscal Foch anunciou: “a partir das 11 da mañá do día de hoxe, hora oficial en París, cesarán as hostilidades en todos os frentes”.

Despois dunha guerra de catro anos que destrozou Europa, esta era unha noticia moi desexada en todo o mundo, xa que foi unha guerra moi cruenta, con máis de 10 millóns de mortos, e o seu anuncio foi celebrado en Europa de moi distintas formas: campás soando no bando dos Aliados (Reino Unido, Francia, Estados Unidos e Italia), 101 canonazos en París, en Madrid non houbo escola para que o alumnado o puideran festexar.

Por outro bando, as potencias centrais (Bulgaria, o Imperio Otomano, o Imperio Austro-Húngaro e, en especial, Alemaña) recibiron esta noticia como un golpe duro pois foron o bando perdedor, e sufriron as consecuencias do tratado de Versalles.

Anos máis tarde, aínda que esta guerra debería servir de escarmento á humanidade, en 1939 volveuse a producir outra gran guerra en Europa (a Segunda Guerra Mundial), que non só afectou ós europeos, senón que tamén se levou a cabo en territorio africano e asiático.

Actualmente, aparentemente, non temos guerra a nivel mundial, pero si moitas guerras no mundo, que fan infelices a moita xente, teñen que abandonar os seus fogares e non atopan axuda doutros países.

Os gobernos que non están en guerra son moi miserables, pois a maioría non axudan a estas persoas que o están pasando tan mal. Estaría ben que hoxe, como homenaxe a este día tan sinalado, tamén se declarara o fin destas guerras, para que toda esta xente puidese refacer a súa vida por moi complicado que se presente nestes momentos. Isto non debería ser unha utopía.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.