Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

IMG_20181123_175432Durante moitos anos, vivimos nunha sociedade que consentía; que aceptaba o maltrato como algo cotián; que vía a violencia sexual como algo habitual; que permitía que os abusos e as agresións ás mulleres quedasen impunes. Todo isto debería ser parte do pasado, pero aínda hoxe, en pleno século XXI, temos que vivir con iso.

E non o consinto. Non consinto que me controles, que me manipules, que me humilles, que abuses de min e que me chantaxees emocionalmente. Non tolero que lles botes piropos ás rapazas, que cantes e bailes as cancións de Maluma, que non me sinta segura pola rúa, que me tires fotos na praia, que me persigas e que me toques o cú. Non soporto que me chames provocadora, que penses que os homes son racionais e as mulleres emocionais, que identifiques ás mulleres con conducir mal e que non entendas que non significa non. Non aturo que non me contrates por ser muller, que me sexa imposible romper o teito de cristal, que me menospreces dicindo que pelexo como unha muller e que penses que o meu lugar está na cociña.

Non quero vivir con medo, asustarme e notar as miñas pulsacións cando noto a alguén andar detrás de min ou a un coche pasando polo meu lado lentamente ou ter que chamar a unha amiga mentres volvo á casa.

Quero unha sociedade e unhas institucións que teñan claro que diante da violencia sexual hai dereitos: o dereito a acudir á policía e a ser informada e atendida sen prexuízos, o dereito a ir a calquera hospital e recibir a atención axeitada e o dereito a unha xustiza libre de estereotipos machistas e revitimizacións.

Escollo un home que me mire e non vexa un anaco de carne, que cante e baile as cancións de Rozalén ou Rosalía, que cambie de beirarrúa para facerme sentir máis segura, que elimine todo pensamento erróneo sobre as mulleres e que defenda un mundo no que o príncipe azul sexa substituído polo compañeiro que loite comigo.

Unha e outrResultado de imaxes para Rianxo en negroa vez, sen descanso, sen piedade. Sempre o mesmo. Pero non tiña escapatoria, se facía ademán de denunciar, ou sequera de saír da casa sen el…
Os peores golpes son os que non se ven pensaba, e ao tipo sobrábanlle armas.
Angustia, estrés, medo eses eran os meus únicos compañeiros.
Os antidepresivos non facían efecto, xa consumira demasiados.
A perda de memoria era frecuente, total, nada valía a pena lembrar.
Case non pesaba nada, pero non me importaba.
Canto antes remate mellor, vivir cansa moito.

Logo de falar coa miña nai desta noticia, penso que é indignante e inxusto ver como se vulneran os dereitos dos cidadans galegos e máis inxusto é saber que unha institución que debería de estar para velar polos dereitos dos cidadáans galegos, como é o Valedor do Pobo, non o fai.

Miña nai leume o artigo 3.2 da Constitución Española, onde fala de que as linguas das comunidades autónomas son tan oficiais coma o castelán, que é a língua do territorio español, e que esas linguas oficiais están recoñecidas no territorio de acordo cos seus estatutos. Resulta que tamén me leu que o noso Estatuto de Autonomía de Galiza di, no seu artigo 5º, que a lingua propia de Galiza é o galego e que os idiomas galego e castelán son os dous oficiais en Galiza e todos teñen o DEREITO de os coñecr e de usar.

Entón penso eu que se está a violar un dereito ao uso da nosa lingua Galega, que ademais está amparada e protexida pola lei de Normalización Lingüistica de Galiza. Paréceme moi triste que se teña que loitar por un dereito que xa se ten.

FONTE: XornaldeVigo.gal

470 Artigos |   | 1  |   | 29  | 30  | 31  | 32  | 33  | 34  | 35  | 36  | 37  | 38  | 39  |   | 59  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.