Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

por Yaiza Otero – 1ºBach

Gustaríame saber que persoa ten o poder, o criterio para decidir que unha lingua é de primeira ou de segunda. De verdade cremos que hai linguas superiores a outras? Que patrón seguimos para clasificalas, o número de falantes? Que nos gusten máis ou menos? Que a falemos ou non?
Desprezar unha lingua, sexa polo motivo que sexa, é desprezar unha cultura, un pobo. Ningunha lingua é superior a outra. Hai linguas que teñen máis falantes e linguas que teñen menos, pero non porque unha sexa mellor que a outra, en absoluto. Que unha lingua sexa minoritaria non implica que mereza menos repecto que unha maioritaria.
E xa que se mencionan os termos, habería que recalcar que moita xente confunde “minoritaria” con “minorizada”. Non é o mesmo unha lingua con poucos falantes que unha lingua que é desprestixiada polos seus falantes por diversos motivos. Que unha lingua sexa minorizada, como o galego, non implica que sexa minoritaria. Galego, vasco e catalán son linguas minorizadas polos seus falantes, que consideran lingua de prestixio o castelán. Quere dicir isto que o castelán é mellor que o galego? Non, nin moito menos. Estas catro linguas son igual de respectables, ningunha delas é mellor ou peor.

Por Adrián Romero e Isaac Iglesias

foto prensaCon motivo da celebración do Día Internacional para a Erradicación da Violencia Machista, o alumnado de 1ºde Bacharelato do IES Félix Muriel tratou de mostrar a súa disconformidade con esta lacra social mediante unha protesta pacífica a través da creación dun produto artístico que servise de homenaxe ás vítimas, a diferenza dos actos contra os que protesta.

Un dos participantes recordounos que “este non é un día para lembrar as vítimas, senón para loitar por que non as haxa”.

470 Artigos |   | 1  |   | 35  | 36  | 37  | 38  | 39  | 40  | 41  | 42  | 43  | 44  | 45  |   | 59  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.