Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

O mes pasado visitou o noso centro a ex-alumna Patricia Neira Tajes. Rianxeira e galegofalante, decidiu ir estudar a carreira de fisioterapia a Madrid posto que en Galiza as prazas eran moi limitadas e o acceso, polo tanto, complicado. Chegou a Madrid e sen a menor dificultade botou a falar castelán. Nunca o idioma foi unha problema para ela, nin nos estudos nin na vida social. Todo o contrario. Saber galego facilitoulle en grande medida o estudo da carreira pois deuse a casualidade de que a maioría dos libros de fisioterapia dos que dispuña a Universidade estaban en lingua portuguesa. A semellanza do noso idioma co portugués permitiulle a fácil comprensión dos textos, aventaxándoa fronte aos seus compañeiros monolingües en castelán.

Aquí queda un prezi sobre os e as autores/as homenaxeados o día das Letras Galegas desde 1963 até 2013.

Iván Ferro viaxa pola obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013

Auí tedes unha montaxe audiovisual que Lois e Manuel fixeron servíndose dos documentais que atoparon na rede arredor da figura de Vidal Bolaño e as razóns polas que se lle adicaron este ano as Letras Galegas.

352 Artigos |   | 1  |   | 32  | 33  | 34  | 35  | 36  | 37  | 38  | 39  | 40  | 41  | 42  |   | 44  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.